Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/06/22 | 12:35 | C. de Sanidade

A oftalmóloga do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, Nuria Olivier Pascual, premiada no XXV Congreso Anual da Sociedade Española de Vítreo e Retina

A doutora da sección de Retina do CHUF gañou unha Beca de Innovación que conta cunha dotación económica de 3000 euros

30/06/22 | 12:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que o novo proxecto de Ence nas Pontes facilitará a Galicia seguir desenvolvendo o novo modelo industrial baseado na economía circular

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovacion, Francisco Conde, participou en Pontevedra nunha rolda de prensa na que remarcou que esta iniciativa lle vai permitir á empresa pechar o seu ciclo produtivo en Galicia

30/06/22 | 11:16 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 13.710 casos activos por coronavirus

Un total de 628.554 pacientes xa están curados

30/06/22 | 11:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un concerto na catedral abrirá a exposición ‘Chacona. A canción de Santiago’ que vincula o fenómeno xacobeo con esta danza e forma de expresión musical

Será o xoves 7 de xullo a cargo da agrupación Resonet, coa colaboración da Escolanía da Catedral de Santiago e o obradoiro de música tradicional Ultreia

30/06/22 | 10:31

A Xunta convoca o novo Bono Alugueiro Mocidade, que se poderá solicitar por medios electrónicos desde mañá

As axudas van dirixidas a facilitar ás persoas de entre 18 e 35 anos o pago da súa vivenda ou habitación habitual en réxime de alugamento ou de cesión de uso

29/06/22 | 22:06

A Xunta enxalza o potencial do tráfico de cruceiros en Galicia e as súas vantaxes para o turismo

A Autoridade Portuaria da Coruña outorgou neste evento un galardón ao sector sanitario e ás forzas e corpos de seguridade de Galicia, que foi recollido polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña

29/06/22 | 20:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca aos 23 concellos excluídos do mapa estatal de transportes para consensuar as alegacións e pedir ao Goberno central que rectifique

Vázquez Mourelle insta ao Executivo a modificar o mapa concesional das liñas de autobús porque abandona as poboacións pequenas e incide no despoboamento rural

29/06/22 | 19:54

Lorenzana destaca a atención prioritaria do traballo técnico da Xunta para a prevención da sinistralidade laboral nos sectores forestal, construción e servizos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, defendeu hoxe no Parlamento de Galicia a política decidida que a Xunta desprega, no marco das súas competencias, co obxectivo de reducir os accidentes laborais

29/06/22 | 19:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pedirá ao Ministerio alternativas viables e inmediatas ao peche da A-6 e avances na solución definitiva para o viaduto colapsado

A Xunta reclama solucións urxentes que contribúan a minimizar os graves prexuízos ás empresas, á economía e aos usuarios, ante o corte dunha arteria principal de comunicación para a comunidade que se alongará no tempo