Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia ás familias monoparentais con axudas económicas e programas de promoción da conciliación corresponsable
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participaron hoxe en Santiago de Compostela na presentación da Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos)
A Xunta comeza as obras de mellora da seguridade viaria no tramo de concentración de accidentes da PO-403 en Ponteareas cun orzamento de 577.000€
O delegado territorial, Luis López, supervisou esta mañá o comezo desta actuación, que beneficia a un treito de 1,6 quilómetros entre o enlace coa A-52 e o final da travesía de Angoares, nunha visita á zona coa alcaldesa, Cristina Fernández
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia serve de referente para Valencia
O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, mostrou hoxe as instalacións e dotacións tecnolóxicas do CIAE 112 Galicia a técnicos de seguridade e infraestruturas do organismo homólogo da Generalitat valenciana
A Xunta e a CRTVG colaboran para divulgar o legado de María Casares coa técnica ‘stop motion’
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias, presentan as cinco pezas audiovisuais sobre a figura da artista producidas por Algarabía Animación e emitidas desde hoxe pola Televisión de Galicia
A Xunta abre seis novas Casas Niño, que elevarán a 475 as prazas dispoñibles en toda a comunidade para nenos de 0-3 anos
Abriranse novos centros en Monfero, Verea, O Incio, Portomarín e Láncara ata chegar ás 95 casas niño en toda a Comunidade
Conde salienta que a Marca Galicia está no esforzo do tecido produtivo galego por incorporar a innovación e o deseño para ser máis competitivo e sustentable
Subliña o traballo da Xunta por impulsar un ecosistema galego de deseño e innovación orientado ao desenvolvemento económico e sostible de Galicia, que é o obxectivo do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade, ‘Diferenza’
Nava Castro participa na rolda de prensa da presentación dos premios Excellence que terán lugar esta tarde na Coruña
A directora de Turismo de Galicia avanzou que o turismo de cruceiros creceu na nosa comunidade un 16% respecto a cifra previa á pandemia coa chegada de máis de 78.000 persoas aos portos galegos
Rueda destaca a traxectoria exemplar do sector agroalimentario para consolidar Galicia como terra de excelencia
Resalta a traxectoria dos premiados no acto organizado polo Clúster Alimentario de Galicia: “Demostran que detrás dos nosos éxitos hai empresas sólidas e comprometidas co futuro de Galicia”
O coruñés Andrés Fernández Calderón é o novo xerente de Expocoruña
Diplomado en Turismo e Máster en Dirección Hoteleira, conta con máis de 18 anos de experiencia en xestión turística
As Policías autonómica e nacional, a Garda Civil e o exército despregaranse pola provincia de Pontevedra para a vixilancia fronte aos lumes forestais
Os delegados territoriais de Pontevedra e Vigo, Luis López e Marta Fernández-Tapias, presidiron esta mañá o Comité Provincial de Coordinación Policial contra os Lumes Forestais 2022 para abordar o plan operativo que entra en vigor este venres 1