Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A actividade da Fundación Semana Verde medrou un 50% na primeira metade do ano con respecto a 2021
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu hoxe no Recinto Feira Internacional de Galicia Abanca a xuntanza do Padroado, na que se fixo balance e se avanzaron as previsións para os vindeiros meses
Rueda destaca que a Comunidade recibirá 3.261 M€ dos fondos de cohesión ata 2027 para seguir avanzando cara a unha Galicia máis competitiva e intelixente, verde, conectada e social
Sinala que desta contía global corresponde á xestión da Xunta o 46%: 940 millóns no Programa FEDER de Galicia; 449 millóns no Programa do Fondo Social Europeo Plus; e 111 millóns no Programa de Transición Xusta
Rueda informa da conxelación por duodécimo ano consecutivo dos prezos das matrículas universitarias, o que suporá un aforro de 18,7 M€ para as familias
Incide en que o próximo curso unha familia galega vai desembolsar polos estudos universitarios dos fillos exactamente a mesma cantidade que hai 12 anos, segundo o decreto de prezos públicos aprobado polo Consello da Xunta
Rueda anuncia que a Xunta convocará este mes o novo bono alugueiro mocidade, que prevé beneficiar a preto de 3.800 mozos durante dous anos
Salienta que o obxectivo é facilitar á poboación menor de 36 anos o pago da renda da súa vivenda habitual cunha axuda de 250 euros ao mes
A Xunta publica a orde para financiar a gratuidade nas escolas infantís privadas e de iniciativa social cun investimento de 41 M€
As familias non teñen que realizar ningún tipo de papelame para beneficiarse desta medida pioneira
Artesanía de Galicia volverá encher o Courel cos oficios artesanais do 3 ao 7 de agosto
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentaron as actividades que se celebrarán en colaboración co Concello de Folgoso do Courel e coa Fundación Uxío Novoneyra
A Xunta comeza a prestación dos novos servizos de autobús en Ames que reforzan as conexións das parroquias de Ortoño e Bugallido con Santiago
O Goberno galego amplía as frecuencias na liña de transporte interurbano da súa competencia, en horarios coordinados co servizo de interese municipal que pon en marcha o Concello de Ames
A Xunta destaca que uns 800 nenos e nenas de Ferrol se beneficiarán da gratuidade da atención educativa de 0 a 3 anos o próximo curso
Esta iniciativa suporá un aforro medio que xirará en torno aos 1.500 e 2.00 euros por neno ao ano
A Xunta apoia na comarca de Santiago a 8 entidades de iniciativa social na atención a mulleres de especial vulnerabilidade cun orzamento de 168.000€
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade financia proxectos de atención personalizada e especializada para mulleres vítimas de violencia de xénero, de explotación sexual-laboral, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas e ex-reclusas, entre outras