Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/06/22 | 13:07 | C. de Sanidade

A Xunta e o concello de Lugo asinan o convenio para colaborar nas obras de reforma do centro de saúde da Milagrosa

O convenio facilitará a reforma integral do centro de saúde da Milagrosa para adaptalo ao cambio na demanda asistencial que vai experimentar unha vez se poña en marcha o Centro Integral de Saúde do Barrio da Residencia

23/06/22 | 12:57 | Secretaría Xeral para o Deporte

Teresa Portela e Cristian Toro novos deportistas galegos de alto nivel vitalicios nunha lista que acada xa os 711 deportistas recoñecidos

Shasha Malov (tenis de mesa) convértese no deportista galego máis novo recoñecido, ao acadar o rendemento deportivo de base

23/06/22 | 12:44 | A Presidencia da Xunta

Fernández-Tapias entrega aos vigueses as once bandeiras azuis concedidas ás súas praias

A delegada territorial da Xunta en Vigo achegouse ata a Praza do Rei cos distintivos despois de que ningún representante municipal acudira o mércores ao acto en Marín

23/06/22 | 12:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ortiga fusiona a verbena galega e os ritmos urbanos actuais para celebrar mañá o día da música no Gaiás

A veterana cantante Pili Pampín, Boyanka Kostova, Grande Amore e Conjunto Amistá acompañarán ao compostelán no seu concerto na Cidade da Cultura

23/06/22 | 12:22 | A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste preto de 48.000 € na reparación da drenaxe transversal da estrada OU-540 no concello de Lobios

O delegado territorial explicou que se trata da reparación da drenaxe transversal no punto quilométrico 68+950, onde a tubaxe está deteriorada por problemas de filtración de auga

23/06/22 | 12:21

A Xunta comeza as obras de construción da senda fluvial de Dorrón cun investimento de 391.000€ e co obxectivo de rematalas este ano

O delegado territorial, Luis López, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o alcalde, Telmo Martín, asisten ao inicio dos traballos, na contorna do muíño da Costa, para a creación dun novo roteiro de 3,6 quilómetros da contorna da praia de Areas ao muíño de Xián

23/06/22 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras dunha senda peonil na estrada autonómica PO-252, en Pazos de Borbén

A actuación supón un investimento autonómico próximo aos 45.000 euros

23/06/22 | 11:58 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 11.954 casos activos por coronavirus

Un total de 622.050 pacientes xa están curados

23/06/22 | 11:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola transformación da automoción galega promovendo unha cadea de valor dixital, verde e resiliente

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou en Vigo na xornada Mobilidade avanzada e sostible. O reto do futuro, onde subliñou o “claro compromiso” do Goberno galego cunha “mobilidade aérea, terrestre e marítima, avanzada e sostible”

23/06/22 | 11:27 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza os avances do proxecto Life Ecotimbercell para a fabricación de elementos construtivos baixos en carbono baseados en madeira certificada de orixe local

Jacobo Aboal puxo de relevo este proxecto que desenvolveu un sistema estrutural ecolóxico formado por pequenas pezas de madeira serrada conectadas que supón un aforro de material respecto á tradicional viga de madeira maciza do 85%