Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda destaca a experiencia das comunidades na xestión de fondos europeos e reclama axilidade e concreción cos Next Generation
“O sistema autonómico permite unha mellor xestión dos fondos públicos xa que os Gobernos das comunidades estamos preto dos cidadáns”, afirma
O Sergas publica a listaxe de aspirantes seleccionados no concurso oposición de 48 categorías de persoal estatutario
Resultaron seleccionados un total de 1.308 profesionais, que proximamente se incorporarán ao cadro de persoal fixo do Sistema Público de Saúde de Galicia
A Xunta deseña unha nova estratexia galega de responsabilidade social empresarial que fomentará modelos de negocio máis sostibles e competitivos
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou as xornadas Riscos, actuacións e principais oportunidades sostibles en materia de ESG celebradas na Coruña pola Fundación Corresponsables co apoio da Xunta
Avogou por unha Galicia con empresas máis integradoras e competitivas para un contexto de transformación no que o compromiso social ou a igualdade se sitúan no primeiro plano
A Xunta ten marcha unha nova edición do programa Responsabilízate, unha iniciativa que quere apoiar a 200 pemes no desenvolvemento de boas prácticas no marco da Responsabilidade Social Empresarial
A Xunta presenta en Bruxelas os avances no goberno intelixente da man da fundación Galicia-Europa
Galicia vén de entrar no consorcio Govtech4all con 22 axencias gobernamentais e empresas de 15 Estados comunitarios para fortalecer o mercado único para os novos modelos de innovación ao servizo das Administracións
Manuel Fernández, surfista galego do núcleo deportivo especializado de surf da Xunta en Nigrán, participará no campionato de Europa de surf
O Campionato de Europa Júnior volve a celebrarse tras 4 anos de ausencia na vila de Torres Vedras (Portugal) entre os días 15 e 24 de xullo
Ethel Vázquez garántelle á Cámara de Comercio da Coruña que a Xunta defenderá os intereses do empresariado galego afectado polo corte da A-6
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade traslada a máxima implicación do Goberno galego na procura de alternativas que palíen o enorme impacto do peche deste acceso principal a Galicia para moitas industrias
A Xunta e Fundación Repsol convocan a XVI edición do premio narrativa breve para fomentar a creación literaria en lingua galega
O obxectivo desta iniciativa é impulsar a creación de literatura en galego e promover o uso social da lingua galega, un dos ámbitos prioritarios para a política lingüística
A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia
A Xunta destaca a importancia do sector loxístico para impulsar un sistema competitivo que facilite a acción exterior das empresas galegas
O director do Igape, Fernando Guldrís, asistiu en Valencia ao Foro Anual das Axencias de Desenvolvemento Rexional (ADR), que alcanza a súa vixésimo primeira edición na procura de optimizar os servizos e apoios prestados ao tecido produtivo
A Xunta concede 4,82 M€ en axudas a 124 concellos e entidades locais para mellorar a xestión dos biorresiduos de orixe doméstica
Son gastos subvencionables a adquisición de contedores, caldeiros específicos para depositar a fracción orgánica nos fogares, composteiros, biotrituradoras, aireadores, termómetros e tamizadoras ou camións de recollida así como campañas informativas
A Xunta abre mañá o prazo de solicitude nas máis de 37.500 prazas de FP para o vindeiro curso
Os interesados poderán optar ata o 5 de xullo ás 13,00 horas