Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia os actos conmemorativos polo centenario de Luz Pozo Garza cunha conferencia de Xesús Alonso Montero
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, abre o relatorio inaugural que complementa a exposición ‘Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, Arte e Vida’
O IDIS presenta a súa memoria 2021 cun aumento do 32% na captación de fondos, que superan os 46 M€ e máis de mil publicacións científicas
O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS, presentou o seu resumo relativo a 2021 con datos excelentes en todos os indicadores: 15 M€ máis captados para investigación respecto a anteriores exercicios, 128 proxectos, 100 ensaios clínicos, 77 novos contratos, 31 patentes e 107 solicitudes
Rueda urxe ao Goberno a axilizar e concretar vías de apoio á automoción galega no reparto dos fondos europeos para blindar o seu futuro
Esixe que se corrixa “o erro” de deixar a Vigo fóra do Perte do vehículo eléctrico e conectado
A Xunta remata a parcelaria de Loxo, Enquerentes, Fonterrosas e Ribeira, no concello coruñés de Touro, onde investiu preto de 3 millóns de euros
Este proceso reorganizou unha superficie de 1000 hectáreas, o que permitiu paliar o minifundismo presente na zona, dende o punto de vista da estrutura da propiedade
Pasouse de 10.314 predios a 1.294 fincas, multiplicando a superficie media das parcelas e mellorando a estrutura territorial das explotacións da zona
O programa de coidados Porta a Porta estará ata o mércores nos concellos de Ortigueira e As Somozas
Oito unidades móbiles percorren todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades, ofrecendo servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de forma gratuíta
A Xunta avoga por potenciar o talento e a innovación como pancas de desenvolvemento industrial e económico
O director de XesGalicia, Rubén Aguión, participou na xornada de peche do proxecto europeo Spin Up, onde subliñou a aposta da Administración autonómica polo impulso dun ecosistema galego de start ups
A Xunta adxudica por preto de 445.000 euros as obras da senda que unirá A Casilla, O Araño e Burés, no concello de Rianxo
Habilitarase un itinerario pola marxe dereita da AC-305 co obxectivo de fomentar a mobilidade alternativa e acadar unha diminución do tráfico rodado motorizado diario que actualmente existe entre os núcleos de Burés e A Casilla
A Xunta organiza en Monforte de Lemos unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre o benestar animal no transporte
O curso terá lugar do 24 de xuño ao 4 de xullo, cunha duración total de 20 horas, e levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos