Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta recibe 4 ofertas para executar a mellora do sistema municipal de abastecemento de auga de Leiro, que suporá un investimento de 360.000 euros
Trátase de resolver os problemas de funcionamento na rede de subministración de auga deste municipio, coa renovación do treito da tubaxe desde Pazos de Arenteiro, no concello de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro
Máis de 70 bolseiros comezan a súa formación nos arquivos, bibliotecas e museos da Xunta
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades resolve as convocatorias deste ano para as que se destina un investimento global de preto de 700.000 euros
A Xunta licita obras de mellora da eficiencia enerxética no centro sociocomunitario da Pobra do Caramiñal
Actuarase en elementos da fachada do inmoble e o investimento previsto ascende a 306.000 euros
A Xunta destina 400.000€ en apoio a seis proxectos de acción humanitaria no exterior
A resolución da convocatoria de axudas deste ano apoia iniciativas de seis organizacións non gobernamentais en Mozambique, O Salvador, Kenia, Marrocos, Honduras e na franxa de Gaza
A Xunta achégase a unha vintena colexios para fomentar o coñecemento e uso responsable do territorio galego
A través da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o Goberno galego achega unha contía anual de 160.000 € para concienciar da preservación da paisaxe a través do Proxecto Terra, unha iniciativa na que colabora co COAG
A Xunta achega 140.000€ á entidade A Mariña para apoiar o mantemento dunha vivenda tutelada para mulleres con enfermidade mental vítimas da violencia de xénero
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, vén de asinar un convenio de colaboración co presidente da Asociación Saúde Mental A Mariña, Jorge Manchado, para garantir a estas mulleres e os seus fillas e fillos un espazo de protección e recuperación
A Xunta convoca as axudas de desprazamento para que o alumnado de FP realice prácticas formativas en Galicia, España e no estranxeiro
Dotadas con 800.000€, as bolsas van dirixidas a estudantes que estean cursando o último ano dun ciclo formativo en centros públicos ou en ensinanzas concertadas
A Xunta levará a cabo mañá e o martes probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 32 presas galegas
A proba, que non afectará á actividade diaria da veciñanza, servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de ruptura
A Xunta e a Federación Española de Industrias Lácteas fan balance das medidas implementadas ao abeiro da estratexia de dinamización do sector lácteo galego
José González destacou que o pasado mes de abril (último do que se teñen datos) o prezo medio do leite en Galicia superou por primeira vez os 40 céntimos por litro, cun incremento de case un 25% respecto ao mesmo mes do ano anterior e de ata un 26% en relación co mesmo período de 2020