Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/06/22 | 13:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Operación Marea Negra’ inicia hoxe a rodaxe en Galicia da súa segunda temporada co impulso do Hub audiovisual da Xunta

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades asina a adxudicación de 350.000 euros a Ficción Producciones no marco da segunda convocatoria do fondo autonómico para a atracción de rodaxes, que implicará un gasto estimado na nosa Comunidade duns 5 M€

20/06/22 | 12:05

A Xunta licita por máis de 400.000 euros as obras de acondicionamento das lonxas de Portosín e Porto do Son

Os traballos tamén inclúen melloras no edificio da confraría de pescadores de Porto do Son e céntranse na renovación das cubertas, o selado e pintado das súas fachadas así como dalgúns departamentos interiores

20/06/22 | 11:49 | C. de Economía e Industria

Galicia contará cun Hub de hidróxeno verde previsto na Axenda Enerxética 2030

Conde apunta que este Hub vai permitir obter preto de 100.000 toneladas de hidróxeno ao ano para o seu uso na industria, a mobilidade, o almacenamento ou a coxeración

20/06/22 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O inicio das obras de substitución das xuntas de dilatación do viaduto do Barbantiño, na autovía Dozón-Ourense, obrigan a efectuar cortes de carril a partir de hoxe

A actuación implicará cortes de 24 horas para impedir a circulación sobre as xuntas mentres os morteiros fraguan e acadan a resistencia necesaria

20/06/22 | 11:17 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 10.506 casos activos por coronavirus

Un total de 619.707 pacientes xa están curados

20/06/22 | 11:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta pon en marcha un sistema estrutural de mando operativo para mellorar a seguridade e a eficacia na extinción de incendios forestais

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e o conselleiro do Medio Rural, José González, presidiron hoxe a reunión do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG)

20/06/22 | 10:49 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 27 persoas por 25 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 17 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 19 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 33 chamadas por accidentes de tráfico

19/06/22 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para hoxe unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e de Lugo

Agárdase mar combinada de 5 a 6 metros ao norte de Vilán na Coruña e en torno a Bares en Lugo

19/06/22 | 12:57 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta recibe aportacións da cidadanía para a aplicación que permitirá o acceso aos servizos da administración desde dispositivos móbiles

A “Xunta no móbil” é un dos obxectivos da estratexia Galicia Dixital 2030 e do Plan de Administración e Goberno Dixital 2025 para facilitar e estender o uso dos servizos dixitais

19/06/22 | 12:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta subliña o labor que realizan os 500 correspondentes xuvenís que hai en Galicia para achegar información á xuventude

Medio cento destes rapaces participaron no encontro que tivo lugar este fin de semana no Albergue Xuvenil das Sinas