Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/06/22 | 14:28

A Xunta impulsa 25 iniciativas laborais na bisbarra do Deza para a búsqueda de emprego de máis de 500 persoas cun investimento de 2,6 M€

O delegado territorial, Luis López, informou das accións formativas, de inserción e de emprendemento nunha visita ao Programa Integrado de Emprego da AED xunto ao novo presidente, David Campos, e o alcalde de Lalín, José Crespo

20/06/22 | 14:00 | C. de Política Social e Igualdade

Trenor e Parrado asisten á presentación da exposición "Somos migrantes" que chega A Coruña no Día Internacional das Persoas Refuxiadas

O delegado da Xunta e o director xeral de Inclusión destacaron o excelente traballo da ONG Entreculturas na defensa e protección das persoas migrantes en todo o mundo

20/06/22 | 13:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o papel de Ecos do Sur na acollida e protección das persoas refuxiadas de Ucraína

O Goberno galego destina 730.000 euros a esta entidade a través das ordes de axudas a entidades e con cargo á casilla social do IRPF

20/06/22 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora coa Fundación SGAE na celebración do Día da Música con Caamaño & Ameixeiras, Momboi e Coolnenas DJ

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación da segunda edición do festival Acento, que se desenvolverá mañá na terraza da sede da SGAE en Santiago
 

20/06/22 | 13:35 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta aposta pola música en galego coa posta en marcha do ciclo “Xacobeo no Interior”

Mestura diferentes estilos que viaxan dende o pop ata á tradición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor

20/06/22 | 13:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta investirá máis de 786.000€ na mellora de sete parques empresariais da comarca de Santiago

O delegado da Xunta visitou o polígono industrial de Camporrado en Boqueixón no que a Xunta aportará 120.000 euros para levar a cabo a mellora dos viarios perimetrais

20/06/22 | 13:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que o novo escenario económico, social e ambiental demanda respostas transformadoras como as que pode achegar a Universidade

Recoñece en Manuel Reigosa un interlocutor dialogante e disposto, que coñece a Universidade de Vigo de portas cara dentro e sabe do seu potencial de portas cara fora, e con quen comparte o obxectivo de lograr unha Galicia próspera e talentosa

20/06/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora ambiental e enerxética do Concello de Ortigueira

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental do Goberno galego

20/06/22 | 13:16

A Xunta pon a disposición do tecido empresarial galego unha nova ferramenta informática para intercambiar datos e axustar a oferta á demanda de emprego

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe na localidade arousá unha xuntanza co presidente da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (Feca), José Luis Vilanova