Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 10.420 casos activos por coronavirus
Un total de 620.708 pacientes xa están curados
A Xunta, o concello e Adif avanzan no proxecto da Estación Intermodal de Lugo
O obxectivo é concretar nos vindeiros días o cronograma de actuacións e os termos do financiamento para comezar a tramitación do convenio
A Xunta apoia a celebración do Corpus Christi de Ponteareas como un precursor da nosas tradicións e costumes
A directora de Turismo de Galicia asistiu á entrega de medallas do Corpus Christi de Ponteareas
A Xunta inicia as obras da senda peonil e ciclista na estrada AC-213 na Telva, en Cambre e Culleredo, que suporá un investimento autonómico de 380.000 €
Habilitarase unha senda de 680 metros de lonxitude pola marxe da vía autonómica, 540 metros na AC-213 e 140 metros no ramal ao polígono de Alvedro
A Xunta oferta 69 prazas en cincos proxectos de FP Dual na Mariña lucense, unha modalidade de plena empregabilidade
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destaca que dous dos proxectos son novos respecto do curso pasado
A Unidade Móvil da Xunta de apoio aos refuxiados ucraínos recala en Lugo esta semana
Conta cunha intérprete e unha traballadora social que ofrecen asesoramento sobre os trámites necesarios para acceder aos servizos básicos e prestacións públicas
A Xunta comeza as probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia
As probas para garantir a operatividade das sirenas non afectan á actividade diaria dos veciños, pero nalgunhas zonas poden ser audibles
A Xunta advirte de que o atraso do Goberno central no reparto dos 20 M€ polos danos do lobo fará difícil a súa execución por parte das comunidades
Nove meses despois de que se anunciaran estes fondos, Ángeles Vázquez lamenta que o Ministerio aínda non fixou os criterios para a súa territorialización, que xa non poderá facerse efectiva ata despois do verán
A mostra ‘Compromiso na distancia’ chega á Coruña para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán
O secretario xeral de Política Lingüística inaugura esta proposta que inclúe fotografías orixinais do arquivo familiar para coñecer a vida e obra do autor
A Xunta achega 36.000 euros para ampliar a pista de skate de San Cibrao, en Cervo
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego colabora co Concello para instalar novos elementos destinados á práctica deste deporte no parque Raíña Sofía