Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Rueda pon en valor a formación profesional para situar o sector turístico e hostaleiro de Galicia como referente a nivel nacional e internacional
Anuncia a creación para o vindeiro curso de novos ciclos formativos da familia de hostalería e turismo para dar resposta á alta demanda e para acadar a excelencia que demostra o sector nun ano no que Galicia está a bater récords de visitantes da man do Xacobeo
A Xunta lamenta a insistencia do Goberno central no seu ataque contra o sector marisqueiro galego e os seus preto de 9.000 profesionais
O Executivo galego censura a decisión do Executivo estatal de recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o plan do marisqueo para o período 2021-2023, un fallo que ratifica un por un todos os argumentos defendidos pola comunidade
A Xunta e o Grupo Pérez Torres coinciden na necesidade de habilitar solucións alternativas a curto prazo para os transportes especiais afectados polo corte da A-6
Os empresarios advirten de que a entrada en Galicia a través da A-52 triplica o custo e multiplica o tempo de viaxe, polo que non se pode considerar unha alternativa viable
Finaliza con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 32 presas galegas
A proba comezou na xornada de onte ás 09,00 horas na presa de Salas e repetiuse en distintas presas ata as 16,00 horas de hoxe
A Xunta entrega equipos de excarceración para rescate aos GES de Friol e Mos e ao servizo municipal de emerxencias de Noia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega dos tres equipos destinados a atender intervencións como accidentes de tráfico con persoas atrapadas ou rescates en espazos confinados ou estruturas colapsadas
Galicia posiciónase na feira Expodrónica como referente para investir na industria dos sistemas non tripulados
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe á presentación da Civil UAVs Initiative neste encontro dentro do World ATM Congress, un dos principais eventos profesionais do sector dos drons
A Xunta dá o primeiro paso cara á rehabilitación dos 13 edificios adquiridos en Mondoñedo ao abeiro do programa Rexurbe
Ángeles Vázquez incide en que Mondoñedo é o municipio máis dinámico na aposta pola restauración de inmobles para uso residencial logo de adxudicarse nos últimos días, por 360.000 €, a redacción dos proxectos de rehabilitación e dirección de obra
O Consello Galego de relacións laborais mediará no conflito laboral do sector do metal
A Xunta reuniuse nas últimas horas con representantes da patronal e das organizacións sindicais que veñen de aceptar unha mediación para tratar de avanzar nas negociacións antes das novas convocatorias de folga da próxima semana
A Xunta felicita á XVII promoción do programa de maiores da UDC no día da súa diplomatura
O acto, celebrado no paraninfo da universidade na Coruña, supón o peche do curso 2021-22 do programa Universidade Sénior
A Xunta anima os galegos a apostar pola formación agroforestal co gallo de avanzar na dinamización e xeración de riqueza no noso rural
José Luis Cabarcos valorou as presentacións de alumnos sobre as súas experiencias e proxectos, así como as de antigos estudantes que atoparon a súa oportunidade laboral, ben como emprendedores ben como traballadores por conta allea