Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/06/22 | 14:55 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou abril como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 10,94 días, máis de dez días por debaixo da media autonómica

22/06/22 | 14:14 | C. de Sanidade

Xunta e Concello de Vilar de Barrio mellorarán o centro de saúde deste municipio

O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Vilar de Barrio veñen de asinar un convenio ao que destinarán 8.900 euros 

22/06/22 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove a conciliación a través de actividades deportivas para máis de 8.000 menores de ata 16 anos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentaron o programa de animación sociodeportiva enmarcado no Plan Corresponsables

22/06/22 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Goberno galego reforzará a xunta arbitral de transportes en resposta ás demandas do sector, co que comparte a reclamación ao Goberno de medidas eficaces fronte ao prezo dos carburantes

A Xunta e os axentes da cadea loxística plasman nun documento de consenso as medidas estruturais necesarias para facilitar o labor do transporte de mercadorías en Galicia, logo de identificar as principais necesidades nas mesas sectoriais celebradas

22/06/22 | 13:51 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá entre este ano e o vindeiro preto de 19 M€ en vehículos e diverso material para o servizo de prevención de incendios forestais de Galicia

José González salientou que o obxectivo de todo este esforzo é, en primeiro lugar, mellorar a seguridade destes profesionais e, en segundo termo, optimizar a súa eficacia

22/06/22 | 13:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que as 166 bandeiras azuis de Galicia son un premio ao compromiso da comunidade co seu patrimonio natural e un recoñecemento á súa aposta polo turismo sustentable

Incide en que ondearán en 112 areais, 11 portos deportivos, 14 centros e 29 sendeiros, e son 11 máis que o ano anterior

22/06/22 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mobilizou nos últimos 4 anos un investimento de 4,7 M€ para humanizar e impulsar sendas seguras, sostibles e saudables en máis 6 quilómetros da estrada OU-536

Francisco Menéndez concreta que a Xunta executará sendas nesa vía autonómica nas Vendas e en Santa Baia, nos concellos de Esgos e do Pereiro de Aguiar, cun investimento de 1,1 M€
 

22/06/22 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publicará nas vindeiras semanas unha nova orde de axudas a entidades sociais cun orzamento de 7,2 millóns de euros

Reforzará o financiamento de iniciativas e programas que desenvolve o tecido asociativo e que se dirixen a persoas e familias en situación ou risco de exclusión