Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/06/22 | 11:03 | C. do Medio Rural

A Xunta e o concello de Laza estudan a posibilidade de crear unha agrupación forestal de xestión conxunta para plantación de castiñeiros

Dita explotación localizaríase no lugar de Barbeito de Cerdedelo e ocuparía unha superficie aproximada dunhas 200 hectáreas de terreo

19/06/22 | 10:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta levará a cabo mañá e o martes probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 32 presas galegas

A proba, que non afectará á actividade diaria da veciñanza, servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de ruptura

19/06/22 | 10:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de 3 ríos ao seu paso polo Concello de Rianxo

Estes traballos de mantemento están a desenvolverse en distintos treitos do río Té, no rego de Batán e no regato do Floxo, nas parroquias do Araño, Asados e Taragoña

19/06/22 | 09:53 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar

Tras a última medición, a superficie afectada foi de 5,6 hectáreas de monte raso dentro do parque natural do Invernadoiro

18/06/22 | 21:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a Liga Galega de Traiñeiras, que arrinca hoxe en Sanxenxo con 28 equipos e 616 deportistas

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou no acto de presentación da competición

18/06/22 | 17:26 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 10 hectáreas dentro do parque natural do Invernadoiro

18/06/22 | 16:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o récord de participación na 13ª edición do programa Parlamento Xove

Resultaron gañadores os equipos IES Rafael Puga Ramón de A Coruña na categoría da ESO, Colexio La Salle de Santiago, de bacharelato, e Campus universitario de Santiago 2, de universidades

18/06/22 | 14:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega en 2022

Os galardóns recoñecen o labor creativo e a súa expansión cara novos espazos nos campos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior

18/06/22 | 13:30 | C. do Medio Rural

A Xunta realiza actuacións de prevención de incendios no distrito XIII Valdeorras-Trives cun investimento de 110.000 euros

As accións preventivas consisten na mellora de cortalumes e pistas forestais de montes de Castro Caldelas, Montederramo, Manzaneda, A Pobra de Trives, A Rúa e Carballeda de Valdeorras