Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/06/22 | 19:25 | A Presidencia da Xunta

Rueda cualifica o derrubamento do tramo da A-6 como un problema de índole nacional e reclama á ministra de Transportes que sexa abordado coa máxima prioridade

Incide en que os galegos merecen saber canto antes os motivos do colapso, os prazos que contempla o Goberno central para a reconstrución e as alternativas que se lle darán ás empresas, que é o máis urxente

17/06/22 | 19:10 | C. do Medio Rural

Controlado o lume da parroquia de Seadur, no concello ourensán de Larouco, que segundo as últimas medicións afecta unhas 120 hectáreas

O incendio rexistrado na parroquia de Freixido permanece estabilizado e afecta unhas 140 hectáreas de terreo

17/06/22 | 18:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta resalta o exemplo de Robert Langer para as novas xeracións de investigadores e investigadoras

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron no acto de entrega da Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ao científico estadounidense, cuxos traballos sentaron as bases para o desenvolvemento de terapias con ARN

17/06/22 | 17:30

Portos de Galicia avanza no proceso para abrir 26 peiraos máis á pesca recreativa mediante acordo cos concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución cos cambios nas condicións xerais da normativa, aprobada o pasado mes de agosto, atendendo ás alegacións recibidas e á experiencia acumulada nos meses que leva en vigor

17/06/22 | 17:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia estrea en Santiago os catro filmes de ‘Cinema en curso’ realizados por preto de 90 estudantes de primaria e secundaria

O Salón Teatro recibiu o alumnado dos CEIP Tenorio de Cercedo-Cotobade e A Rúa de Cangas, do CPI O Cruce de Cerceda e do IES O Mosteirón de Sada para presentar as fitas que rodaron xunto aos cineastas Ángel Santos, Xacio Baño e Otto Roca

17/06/22 | 17:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a importancia de dar a coñecer os dereitos da infancia para velar polos seus intereses

Destacou a sensibilización como acción chave para protexer e defender aos máis pe-quenos

17/06/22 | 15:58

A Xunta informa favorablemente sobre a modificación puntual do PXOM de Pontevedra para integrar na trama urbana dous ámbitos da cidade

O cambio urbanístico promovido polo Concello afecta á zona das avenidas xeneral Antero Rubín e María Victoria Moreno e ao ámbito de Mollavao Norte

17/06/22 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra o Ano Europeo da Xuventude e presenta o proxecto ‘Xuventude embaixadora dixital’ na eurocidade Chaves-Verín

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participaron na xornada ‘2022: Ano Europeo da Xuventude’ na Eurocidade Chaves-Verín

17/06/22 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora enerxética do local social da asociación de veciños de Pardavila, en Marín

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as instalacións para comprobar as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

17/06/22 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta renova totalmente as instalacións do colexio CEIP plurilingüe San Marcos de Abegondo cun investimento de preto de 800.000€

Román Rodríguez destaca que esta rehabilitación integral dota o centro de espazos máis amplos e máis saudables, adaptados aos criterios establecidos polo Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica