Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/06/22 | 12:16

A Xunta pon en valor en Ribadeo a Rede Eusumo de impulso á economía social en Galicia coa que apoiou a creación de 190 entidades desde 2012

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Arado, visitou hoxe a I Feira do Mercado Social da localidade da Mariña lucense, unha iniciativa coa que colabora a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

18/06/22 | 11:57

Ángeles vázquez fai un chamamento para manter as praias libres de ‘basuraleza’ na noite de San Xoán

A gran recollida colaborativa nacional de residuos ‘1m2 contra a basuraleza’ desenvolveuse en 44 espazos naturais galegos, nos que preto de 900 voluntarios retiraron 339 quilos de residuos

18/06/22 | 11:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia o luns as obras de reforzo do firme da estrada LU-234 ao seu paso polos concellos de Lugo e de Friol, que suporá un investimento de case 520.000 €

Esta intervención fai necesario o corte do tráfico entre o luns día 20 e ata o venres 1 de xullo, sen incluír o festivo de San Xoán nin a fin de semana

18/06/22 | 11:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Comeza a construción da torre de hospitalización do Hospital Público Gran Montecelo, en Pontevedra, un cambio completo na fisionomía do edificio

A edificación modifica agora totalmente a súa xeometría e o sistema estrutural, que pasará da forma rectangular das plantas inferiores á característica ‘Z’ da torre de hospitalización, que ocupará os andares 5º e 9º

18/06/22 | 11:38

Máis dun cento de persoas de distintos perfís relacionados co mundo do mar participan no deseño do Plan da Cultura Marítima de Galicia

Rosa Quintana expuxo que o fin deste traballo é definir compromisos estratéxicos para poñer en valor e conservar o patrimonio marítimo galego

18/06/22 | 11:22 | C. do Medio Rural

A Xunta recuperará preto de 90 hectáreas de terras agrarias no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Na aldea modelo de Mouteira-Parada poñeranse en valor preto de 18 hectáreas de terreo en 427 parcelas, propiedade de 109 veciños

18/06/22 | 10:37 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 11.195 casos activos por coronavirus

Un total de 617.724 pacientes xa están curados

18/06/22 | 10:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña que as preto de 2.500 prazas de oposición convocadas pola Xunta afianzan a calidade e profesionalidade do sistema educativo galego

O titular de Educación do Goberno Galego lembra que en 2023, unha vez concluídos os procesos de novo ingreso e de estabilización, consolida a Galicia como a autonomía coa menor taxa de interinidade, algo que xa é a día de hoxe

18/06/22 | 09:11 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe

Permanece activo o incendio no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, que afecta unhas 10 hectáreas do parque natural do Invernadoiro