Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Un total de 11 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de reforzo do firme nas estradas autonómicas AC-400, AC-406 e AC-546, cun investimento de máis de 1,5 M€
Trátase de actuacións de mellora nestas tres vías da Xunta ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira
Martina Aneiros destaca na Capela o papel potenciador das casas niño para o emprendemento da muller no rural
A oferta podería verse incrementada coa próxima resolución dunha nova convocatoria da Consellería de Política Social e Xuventude para crear outros 12 novos centros en toda a Comunidade
Gabriel Alén destaca o proxecto Galicia Camiño Emprendedor como exemplo de concordancia entre cultura e emprendemento
O delegado territorial sinalou que a finalidade é apoiar ás persoas que teñen en mente iniciar un proxecto empresarial mediante un proceso de mentoring a través da realización das etapas do Camiño de Santiago
A Xunta organiza un curso de formación de axentes da Policía Autonómica, a Policía Local e a Policía Nacional nas intervencións en medio acuático
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu á última xornada desta actividade formativa que se levou a cabo durante esta semana e que acolleu algunha das sesións na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública
A Xunta inviste máis de 500.000€ no segundo edificio da Área Rexurbe da Coruña para rehabilitalo e ofrecer vivendas protexidas
O Instituto Galego da Vivenda e Solo adquire unha edificación de 4 plantas, catalogada dentro do ámbito de protección do Plan Especial de Reforma Interior (PEPRI) da Cidade Vella e a Pescadería
Galicia contará cun plan para a formación e a incorporación das mulleres ao sector da minería
Conde destaca que a futura Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia 2030 buscará consolidar dous conceptos clave para o futuro desta industria: a sustentabilidade e a igualdade
Apunta que en Galicia, dos case 3200 empregos directos que xera este sector, un 10,5% están ocupados por mulleres, das que o 12% desempeña algún cargo directivo ou técnico
A Xunta aumenta nun 80% as prazas de formación para especialistas sanitarios desde 2009
O crecemento centrouse en categorías como medicina familiar e comunitaria ou enfermaría, onde se duplicaron as prazas formativas nos últimos seis anos
A Xunta renova coa Fundación Secretariado Xitano a colaboración coa que se prestou axuda a máis de 140 vítimas de violencia de xénero desde 2019
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de asinar un novo convenio para o desenvolvemento de accións para sensibilizar e prever a violencia de xénero dentro da comunidade xitana en Galicia
A Xunta organiza en Bergondo unha acción de formación profesional e adquisición de competencias no emprego de drons no sector agroforestal e agricultura de precisión
O curso terá lugar do 23 ao 30 de xuño e levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo