Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia demanda ante a UE políticas concretas que garantan a formación e a contratación das persoas con discapacidade e que integren a perspectiva de xénero
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, compareceu esta tarde ante o Consello de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores (Epsco) da Unión Europea, en Luxemburgo, en representación de todas as comunidades autónomas españolas
A Xunta é premiada pola Asociación Anasbadi pola súa implicación coas enfermidade raras
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, recolleu a distin-ción nun acto celebrado esta mañá en Madrid
A Xunta avoga pola formación e os apoios a contratación de mulleres en empresas de sectores tradicionalmente masculinizados
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou hoxe o II Simposio Muller e Minaría onde destacou a necesidade de apoiar a conciliación e a presenza de mulleres en sectores onde as traballadoras son residuais
A Xunta no marco do Plan de actuacións fronte ás altas temperaturas, sinala os niveis de aviso por episodio de calor para diversas zonas
O plan está operativo dende o 1 de xuño, e da súa coordinación encárganse, ademais da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e as Consellerías de Política Social e Xuventude; e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
A Xunta prorroga un mes máis a extracción de mexilla nos bancos naturais co obxectivo de facilitar o labor do sector bateeiro
A autorización amplíase ata o próximo 15 de xullo nas provincias da Coruña e Pontevedra tralas solicitudes presentadas nos últimos días por tres asociacións de produtores de mexillón da comunidade
Activos dous lumes no concello ourensán de Larouco, parroquias de Seadur e Freixido
O lume que comezaba onte na parroquia de Seadur afecta unha superficie provisional dunhas 100 hectáreas
O saldo migratorio de Galicia seguiu a ser positivo en 2021 en 14.448 persoas
A Estatística de Variacións Residenciais (EVR) do Instituto Nacional de Estadística destaca que o ano pasado retornaron do estranxeiro a Galicia 5.381 persoas
A Xunta presenta o campo de voluntariado de Friol para fomentar entre a xuventude as tradicións e o pasado castrexo da vila
Celebrarase a comezos de setembro e contará con actividades de restauración, plan-tación de árbores, limpeza e outras culturais ligadas ó Castro Friulio
A Xunta remata a humanización e embelecemento da contorna da capela de Santa Marta de Albeos, en Crecente, cunha achega de 52.000€ do Plan Hurbe
O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, Julio César García-Luengo, supervisou esta mañá esta actuación de mellora urbanística e estética que tamén incluíu a dotación de mobiliario urbano e vexetación