Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/06/22 | 17:50 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta, Renfe e Inorde presentan a nova edición dos 'Trens Turísticos de Galicia' que contan con dúas novas rutas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou o éxito desta iniciativa, cun 26% das prazas desta edición xa vendidas

09/06/22 | 17:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia amosa o seu apoio a Celsa para que poida acceder ao fondo de axuda á solvencia en empresas estratéxicas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegura que é prioritario o mantemento da actividade polo que é fundamental que se desbloquee a situación para que a compañía poida contar con este financiamento necesario para alcanzar os seus obxectivos

09/06/22 | 17:06 | C. do Medio Rural

Medio Rural pon en valor as aldeas modelo e o Proxecto Horta como iniciativas destinadas a reconectar coa natureza e promover a economía circular

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural explicou ambos proxectos na mesa de diálogo celebrada no marco do festival New European Bauhauss Galicia

09/06/22 | 17:04 | C. de Sanidade

O Sergas dá un paso máis no proxecto galego de terapias avanzadas CAR-T

O Ministerio de Sanidade recoñece o continuo avance que vén realizando Galicia, coa designación de varios dos centros do Servizo Galego de Saúde á rede de terapias avanzadas CAR-T

09/06/22 | 16:27 | C. do Medio Rural

A Xunta valora e recoñece o labor dos catadores das catas de viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia 2022

O conselleiro do Medio Rural, José González, entregou diplomas a unha vintena de catadores encargados de probar e cualificar máis de 400 mostras de viños, augardentes e licores de herbas e café

09/06/22 | 16:19

A Xunta promociona as 122 sendas homologadas de Galicia coa presentación dunha guía no sendeiro dos Carranos en Covelo

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, Pablo Castillo, informa da publicación Sendas para Descubrir un País nun percorrido entre a casa reitoral de Fofe e a praia fluvial de Maceira

09/06/22 | 16:03

Pementos Carmucha recibe o certificado Galicia Calidade para os seus pementos de Herbón

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, foron os encargados de entregar este recoñecemento

09/06/22 | 15:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsará a mellora das instalacións de sete espazos termais de uso lúdico

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina máis de 800.000 euros a estes recintos

09/06/22 | 15:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa a rehabilitación do firme en dúas estradas autonómicas do núcleo urbano de Lourenzá

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego inviste 31.600 euros para reforzar a seguridade viaria en dous treitos da LU-153 e a LU-122