Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/06/22 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e local para coñecer as demandas da veciñanza

O delegado territorial explicou que este parque construíuse grazas a unha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes que ascendeu a preto de 34.000 euros

08/06/22 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 1.000 alumnos da área de Vigo fórmanse en técnicas de reanimación cardiopulmonar nunha xornada organizada pola Xunta

Participan nunha sesión de adestramento na Estación Marítima de Vigo, no marco do Congreso Nacional de Medicina de Urxencias e Emerxencias

08/06/22 | 14:08 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola internacionalización dos viños e augardentes galegos apoiando a súa presenza en feiras como a London Wine Fair

José Gonzalez reafirmou o compromiso do Goberno galego con este eido, a través de iniciativas como a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia ou a futura Lei da calidade alimentaria, entre outras

08/06/22 | 13:55 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta analiza a aplicación da intelixencia artificial na Administración pública

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurará mañá xoves o curso monográfico A intelixencia artificial na Administración, que será clausurado o venres polo ex-presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría

08/06/22 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a dotación de equipamento dos GES de Friol, Cervo e Moraña coa entrega de cadanseu vehículo bomba urbana lixeira

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe das tres unidades, especialmente adaptadas para ser utilizadas en terreos con zonas de paso estreitas

08/06/22 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta confirma o mantemento da prealerta por seca na conca da demarcación Galicia-Costa e incide no consumo responsable e no aforro da auga

A Oficina Técnica da Seca observa que os recursos hídricos se manteñen inferiores aos habituais, situándose no mes de maio o caudal medio circulante dos ríos nun 46% por debaixo dos valores medios nesta época do ano

08/06/22 | 13:32 | A Presidencia da Xunta

A Xunta presenta o cartel de “O Son do Camiño” que reunirá no Monte do Gozo a 47 artistas nacionais e internacionais a vindeira semana

A directora de Turismo de Galicia , Nava Castro, participou hoxe na presentación onde destacou que Galicia volve ser referente musical nesta nova edición do Son do Camiño que conta co cartel de artistas máis grande da súa historia

08/06/22 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reúnese con EAPN-Galicia para abordar diversas cuestións no ámbito da inclusión social

A xuntanza serviu para tratar, entre outros asuntos, a modificación da Lei de Inclusión Social de Galicia e os proxectos que se están a desenvolver cos fondos europeos do Plan de Recuperación no ámbito da inclusión social

08/06/22 | 13:28

A Xunta destina 10 M€ a un novo fondo de cooperación para fomentar a adquisición e construción de vivendas por parte dos concellos

Ángeles Vázquez sinala que este fondo se suma ao posto en marcha en 2016 destinado a actuacións de rehabilitación en concellos de menos de 50.000 habitantes, que no pasado mes de marzo duplicou a súa dotación orzamentaria inicial ata chegar aos 20 M€

08/06/22 | 13:22 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para o adianto da PAC

Estas subvencións permitirán adiantar aos agricultores e gandeiros galegos uns 200 millóns de euros das achegas da Política Agrícola Común, financiando os xuros cun custo para a Administración autonómica de 3,4 millóns de euros