Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/06/22 | 15:11

A Xunta sinala en Arteixo que o programa integrado de emprego de Agarimo mellorará a inserción laboral dun cento de mozos nos sectores da restauración e turismo

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe na entrega de diplomas do alumnado desta iniciativa que apoiou a Xunta con máis de 255.000 euros

07/06/22 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello colaboran na renovación do polideportivo municipal da Laracha cun investimento de máis de 39.000 €

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, supervisou o resultado das obras que tiveron un orzamento total de maís de 39.000 euros e contaron cunha axuda do Goberno galego de 25.000 euros

07/06/22 | 14:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa hoxe as obras de rehabilitación do firme na estrada autonómica LU-141 en Rinlo, no concello de Ribadeo

A intervención, que conta cun investimento de máis de 36.000 €, desenvólvese con medios propios de conservación de estradas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e está previsto que se remate hoxe mesmo

07/06/22 | 14:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez informa de que a demarcación de Galicia-Costa afronta o verán en situación de prealerta por seca e ofrece axuda aos concellos para incentivar o aforro de auga e eliminar as fugas das redes

Vázquez Mourelle avanza que a Oficina Técnica da Seca manterá mañá a prealerta por seca prolongada, pois as chuvias de maio e as dos últimos días non tiveron efecto nos caudais circulantes, estando un 46% por debaixo dos valores habituais para esta época

07/06/22 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reformou o colexio de Cervantes para lograr maior aforro enerxético e confort, cun investimento de 256.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se melloraron as instalacións, con especial incidencia na cuberta, carpinterías, iluminación e aseos

07/06/22 | 14:47

A Xunta solicita unidade aos grupos parlamentarios na defensa das competencias de Galicia en materia de litoral ante os continuos ataques do Goberno estatal

Susana Lenguas advirte da inxerencia xurídica que implica o informe do Ministerio para a Transición Ecolóxica sobre o Plan Especial de Cambados pois pretende aplicar a lei estatal de Costas no dominio público portuario transferido á comunidade autónoma

07/06/22 | 14:33 | C. de Economía e Industria

O investigador David Glowacki incorpórase á Universidade de Santiago a través do programa Oportunius da Xunta

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá no acto de presentación do científico estadounidense, que desenvolverá o seu traballo no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius)

07/06/22 | 14:33 | A Presidencia da Xunta

Rueda avalía coa Sociedade Impulsa os principais proxectos nos que Galicia está xa traballando para captar fondos europeos Next Generation

Solicita o compromiso do Goberno central para que estas iniciativas estratéxicas para Galicia poidan materializarse canto antes

07/06/22 | 14:07

A Xunta impulsa a mellora de dous paseos fluviais no núcleo das Nogais, con achegas que suman 60.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca “o potencial do rural lucense para promover un desenvolvemento turístico sustentable”

07/06/22 | 14:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinou 9,6 M€ a apoiar, dinamizar e modernizar o comercio na área de Vigo

Marta Fernández-Tapias mantivo este martes unha xuntanza coa directiva da Federación de Comercio de Pontevedra para coñecer as súas peticións