Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/06/22 | 13:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do Cesena, como primeiro centro tecnolóxico de Galicia especializado no sector naval, na reactivación económica de Ferrolterra

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Ferrol na xornada `Tendencias e solucións dixitais para o sector naval’

08/06/22 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca que a gratuidade da educación infantil permitirá un aforro anual de entre 1.500 e 2.000 euros de media por neno e beneficiará arredor de 2.500 familias coruñesas

Lembra que Galicia será a primeira comunidade de España na que a educación infantil será 100% gratuíta, xa sexa en centros públicos, en privados ou de iniciativa social

08/06/22 | 12:14 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta con Vigo coa total recuperación da fachada marítima cun investimento global de 14 M€

“Xuntos, o Goberno galego e o Porto faremos posible este obxectivo”, di, salientando que esta iniciativa proba que a vida económica dun porto de referencia pode ser compatible cunha vida urbana plena e sostible

08/06/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

O xardín Botánico de Lourizán será nomeado socio numerario da Asociación Ibero-Macaronésica de xardíns botánicos

O seu nomeamento farase efectivo mañá no XVI Congreso da asociación en Madrid, nun acto ao que asistirán o director do CIF de Lourizán e un do seus investigadores

08/06/22 | 11:16 | A Presidencia da Xunta

A Xunta presenta a segunda edición do Camiño das Músicas Galegas da man da Duendeneta que percorrerá diferentes rutas do Camiño de Santiago

Trátase dun proxecto de difusión cultural en máis de 20 vilas e cidades situadas no Camiño de Santiago

08/06/22 | 11:09 | C. do Medio Rural

Preto dunha decena de comunidades de montes beneficiaranse de 500.000 euros para previr os danos causados por enfermidades fúnxicas en masas de coníferas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que dá publicidade ás axudas aprobadas no mes de xaneiro deste ano 2022

08/06/22 | 11:03 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.263 casos activos por coronavirus

Un total de 611.145 pacientes xa están curados

08/06/22 | 10:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acorda coa Junta de Andalucía o préstamo dunha peza de Picasso que constata a súa influencia galega para a mostra do 50 aniversario do artista

‘Instruments de musique et compotier sur une table’, que plasma a figura dun gaiteiro, pertence á Fundación belga FABA e está depositada no Museo Picasso de Málaga

07/06/22 | 21:59 | A Presidencia da Xunta

Rueda felicita aos Pontevedreses do Ano pola súa contribución no camiño cara a unha Galicia mellor

“As vosas voces animan a seguir traballando por unha Galicia e unha Pontevedra que hoxe vos rende unha merecida homenaxe”, di