Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/06/22 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina a cuarta parte do investimento en cooperación para o desenvolvemento ao ámbito educativo, con 5,5 M€ desde 2018

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, asistiu hoxe xunto ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, ao acto central da Campaña Mundial pola Educación, unha iniciativa que se enmarca na convocatoria de subvencións para proxectos de Educación para o Desenvolvemento Global e da Cidadanía

07/06/22 | 13:59 | C. de Economía e Industria

Gabriel Alén destaca a aposta da Xunta de Galicia pola dinamización turística da provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que que a Xunta de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) asinaron un convenio de colaboración para a promoción, dinamización e fomento da riqueza da provincia de Ourense por un importe total de 93.876 euros, dos que o Goberno galego aporta 70.000 euros a través da Axencia Turismo de Galicia

07/06/22 | 13:57

A Xunta adxudica cinco novas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro nos concellos de Allariz, Ourense, O Carballiño e Vilamarín

O delegado territorial da Xunta entregoulle as chaves aos arrendatarios da promoción situada na rúa Irmandade, nº 5

07/06/22 | 13:54

A Xunta apoia o programa da Agrupación Miño que desde 2019 prestou axuda a máis de 100 mulleres en situación vulnerable

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a Agrupación Miño, que reúne unha vintena de asociacións veciñais do rural do concello de Ourense

07/06/22 | 13:37 | C. de Sanidade

Preto de 75.000 escolares xa participaron no programa de prevención do tabaquismo Clases sen Fume

Segundo remarcou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para o seu departamento, a promoción de hábitos de vida saudables é unha das liñas estratéxicas

07/06/22 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias destaca a importante labor de dinamización dos centros sociocomunitarios como espazos de encontro para a veciñanza

A delegada territorial en Vigo foi a encargada de clausurar este martes o curso do Centro Social Rivera Atienza, que retomará en setembro a nova programación

07/06/22 | 13:27
07/06/22 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para xuño e setembro os propietarios dos terreos necesarios para executar un acceso ao parque empresarial de Lebozán, no Concello de Beariz

O levantamento de actas previas terá lugar o 20 de xuño na Casa do Concello e a formalización será o 1 de setembro no mesmo lugar

07/06/22 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta promove a actividade ‘Amar o mar’ nas residencias públicas da provincia de Pontevedra

A actividade, celebrada hoxe en Baiona, contou coa colaboración do Clube de iates Monte Real da localidade e permitiu vivir a experiencia da navegación aos usuarios de tres centros públicos autonómicos