Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/06/22 | 14:08 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aposta polo impulso da intelixencia artificial para axilizar os procesos e mellorar a calidade na prestación dos servizos públicos

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou esta mañá o curso monográfico A intelixencia artificial na Administración

09/06/22 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra en Lugo o Día dos Arquivos coa publicación dunha escritura de 1622 sobre a reforma da fonte de Mondoñedo

O Arquivo Histórico Provincial engrosa así a colección de Documentos singulares rescatados con motivo da efeméride, e ofrece tamén visitas guiadas e a exposición Postais para recordar

09/06/22 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía cos concellos incluídos na zona de transición xusta os fondos outorgados a Galicia

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, acompañada polos delegados territoriais da Xunta na Coruña e en Ferrol, Gonzalo Trenor e Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro cos alcaldes dos municipios das áreas de Meirama e As Pontes

09/06/22 | 13:41 | A Presidencia da Xunta

A Xunta, Delegación do Goberno e o Concello de Santiago coordinan o dispositivo de seguridade dos concertos de “O Son do Camiño”

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participaron na Xunta Local de Seguridade do Concello de Santiago para abordar o dispositivo de seguridade das actuacións da próxima semana no Monte do Gozo, ás que se prevé unha afluencia de 120.000 persoas en tres días

09/06/22 | 13:29

Fernández-Tapias destaca o traballo en equipo do alumnado do IES Valadares na entrega do premio “Cooperativismo no ensino 22”

A delegada territorial da Xunta entregou o accésit acadado polo centro escolar vigués no certame da Xunta gracias ao proxecto 'Lugh: Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil do Sobreiral de Valadares'

09/06/22 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinou desde 2020 máis de 1,5 M€ a axudas ás comunidades de usuarios de abastecemento para mellorar as instalacións e a calidade da auga

Teresa Gutiérrez explica que as axudas van dirixidas a optimizar as instalacións de captación e potabilización e a dispor dispositivos de medición do caudal

09/06/22 | 13:26 | C. do Medio Rural

Expertos chilenos e galegos colaboran na mellora xenética do piñeiro radiata en Galicia ao abeiro do convenio entre a Xunta e a Fundación Arume

Dous especialistas chilenos atópanse en Galicia nunha estadía dun mes, co obxecto de colaborar na elaboración da estratexia de mellora xenética do piñeiro radiata da nosa comunidade

09/06/22 | 12:44

A Xunta destina 48.000 euros á humanización da Praza do núcleo de Laias, no concello de Cenlle

Gabriel Alén sinalou que este tipo de actuacións teñen a finalidade de mellorar os equipamentos e dotacións dos pobos e vilas do rural, o que permite aumentar a variedade e os niveis de servizos

09/06/22 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Paradela na mellora de infraestruturas municipais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego