Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/12/22 | 10:30 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.129 casos activos por coronavirus

Un total de 682.352 pacientes xa están curados

06/12/22 | 19:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo remata a súa viaxe á República Dominicana coa visita ás mulleres que participan nas iniciativas da Fundación InteRed para previr o matrimonio infantil e o abandono escolar

O vicepresidente segundo da Xunta asistiu a unha sesión formativa destinada a fomentar proxectos de vida encamiñados á emancipación de nenas e adolescentes e achegouse ao club de nenas e adolescentes do ‘batey’ de Matamamón liderado por mulleres que tamén traballan por este obxectivo
 

06/12/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incorpora 30 novos centros ao programa ‘Radio na Biblio’ e fomenta o voluntariado cultural

Un total de 167 participan na iniciativa de laboratorios de radio escolares

06/12/22 | 12:20 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá preto de 46.000 euros na mellora de dous camiños rurais do concello de Rairiz de Veiga

José González trasladoulle á rexedora deste concello ourensán que esta actuación está enmarcada no Plan de extraordinario de reparación de camiños da Limia, o cal conta cun orzamento global para a súa segunda fase de máis de 550.000 euros

06/12/22 | 11:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá un millón de euros no desenvolvemento dun programa integral de atención a persoas con discapacidade

Esta iniciativa, que leva en marcha desde 2018 e agora se reforza, conta con servizos de fisioterapia, estimulación da memoria, neuropsicoloxía ou logopedia para mellorar a autonomía e a integración social dos participantes
 

06/12/22 | 11:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza a campaña ‘Vive o Nadal con Artesanía de Galicia’ para apoiar a comercialización do produto artesán galego

A iniciativa desenvólvese ata o 5 de xaneiro co obxectivo de animar os consumidores a apostar por pezas da marca Artesanía de Galicia para os seus agasallos de Nadal
 

06/12/22 | 11:07

O Parque Nacional das Illas Atlánticas reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible coa súa incorporación á Asociación de Ecoturismo de España

Comparte a filosofía, os obxectivos e a liña de traballo da AEE de cara a apostar polo ecoturismo como a estratexia máis beneficiosa para valorizar os recursos naturais e culturais dos espazos naturais
 

06/12/22 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 15 ofertas para executar a 1ª fase de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha, cun investimento autonómico de máis de 1,8 M€

Ampliarase a potabilizadora e construirase un bombeo e un novo depósito de auga potable que mellore o funcionamento da rede de abastecemento
 

06/12/22 | 10:30

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura acolle á tartaruga Nemiña para a súa recuperación

Permanece no Igafa en observación baixo a supervisión da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), evoluciona favorablemente e unha vez remate esta etapa devolverase ao medio natural