Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta comezará nunha semana as obras de mellora enerxética dos xulgados de Noia
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, destacou hoxe no Parlamento galego que o Goberno galego tamén prevé colaborar co concello noiés para trasladar os arquivos xudiciais a un local de titularidade municipal
Os certames ‘Inventa en galego’ e ‘Novos poliedros’ premian a innovación científica e o uso da lingua galega entre a mocidade
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega do galardón do concurso ‘Inventa en galego’ ao instituto IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)
A Xunta publica a ampliación ata os 11 M€ da dotación da liña Xempre Emprendemento para axudar a pemes, traballo autónomo e entidades de economía social
Ante as numerosas solicitudes recibidas (1.448), a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade cuadruplicou a dotación inicial destas axudas
A Xunta concede axudas por 1,3 M€ para impulsar novos proxectos destinados á preparación para a reutilización e á reciclaxe de residuos téxtiles
O obxectivo é apoiar a pequenas e medianas empresas no impulso de instalacións que axuden a implantar a recollida separada destes residuos e a darlles unha segunda vida
Iníciase o proceso de declaración BIC do conxunto arquitectónico de Barcia de Mera como mostra excepcional do barroco no rural galego
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o expediente na categoría de monumento que abrangue a igrexa parroquial, a casa reitoral, espazos anexos e bens mobles
A Xunta ofrece todo o seu apoio á futura planta de hidróxeno verde de Meirama na busca de alternativas industriais para a comarca
Galicia espera que o Goberno teña en conta esta iniciativa no reparto dos fondos europeos e modifique a planificación eléctrica vixente para atender as súas necesidades enerxéticas
Máis de 600 persoas maiores están a gozar estas semanas do programa de Benestar en balnearios, cubríndose o 100% das prazas ofertadas
A proposta desenvólvese en 15 establecementos de toda a Comunidade durante os meses de novembro e decembro
O delegado territorial da Xunta visita as obras de reforma do centro de saúde e PAC de Castro Caldelas
A actuación tivo un orzamento de 202.300 euros e foi froito dun convenio entre a Xunta e o Concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal.
O DOG publica a ampliación en 15 M€ do programa de formación para desempregados que permitirá cualificar máis de 21.500 persoas en 1.430 cursos
O Goberno galego incrementa as accións de formación para desempregados (AFD) da convocatoria 2022-23 nun 45,7% con respecto a 2021-22, polo que o orzamento final superará os 64,5 millóns de euros
Galicia rexistra un total de 1.326 casos activos por coronavirus
Un total de 682.433 pacientes xa están curados