Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pídelle ao Goberno de España que manteña en 2023 as bonificacións no billete do autobús autonómico, ao igual que fará co tren
A Xunta demanda do Ministerio de Transportes información dos plans previstos para prorrogar, a partir do 1 de xaneiro, as bonificacións do 50% no billete de autobús autonómico que vén aplicando a Xunta desde o pasado 1 de setembro
Patrimonio Cultural autoriza ao Concello de Vigo á mellora da accesibilidade peonil na rúa Juan Ramón Jiménez
A Dirección Xeral comunica o seu informe favorable á actuación con condicionantes sobre o documento municipal presentado
A Xunta vén de executar obras por importe de 38.000 euros no colexio da Gándara, en Monforte de Lemos
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que foi ampliada e acondicionada unha aula para o alumnado de Infantil e tamén se renovaron luminarias
Ethel Vázquez avanza que a Xunta destinará o vindeiro ano 1 M€ ás axudas para a adquisición de bicicletas eléctricas, tras facilitar este ano a compra de máis de 2.000
Vázquez Mourelle salienta o éxito e a boa acollida pola cidadanía destas primeiras axudas para a compra de bicicletas eléctricas, que supuxeron unha achega da Xunta de 1 M€ e favoreceron investimentos en mobilidade sostible por importe de 1,95 M€
Os concellos beneficiaranse en 2023 con máis de 11 M€ do fondo de compensación ambiental da Xunta a prol da protección do medio natural
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou hoxe As Pontes de García Rodríguez, que dispón dun novo tractor para as brigadas ambientais ao abeiro desta liña de axudas
A Xunta fíxase como prioridade o traballo coa comunidade escolar para a eliminación de todo tipo de violencias contra as mulleres
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe en Ferrol á presentación dun vídeo elaborado polo alumnado, equipos docentes e familiares de centros escolares de Ferrolterra para sensibilizar contra a violencia dixital
Galicia adiantarase en dous anos á meta europea para a extensión dos programas de cribado de cancro de mama, colon e cérvix
Mentres o Plan europeo de loita contra o cancro fixa 2025 como data límite para que a cobertura destes cribados chegue ao 90% da poboación, Galicia xa chega a este obxectivo nos de mama e colon e acadarao en 2023 no de cérvix
Lorenzana anuncia o investimento de máis dun millón de euros na oficina de emprego de Monelos e o reforzo do seu persoal para orientación e prospección empresarial
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou as dependencias coruñesas onde anunciou que a Xunta ten previsto destinar 3,3 millóns de euros en 2023 a mellorar as infraestruturas das oficinas en toda Galicia