Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/12/22 | 10:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta formará ao alumnado de 25 colexios galegos no respecto e no coidado do territorio grazas a unha nova edición de ‘Eu son inspect@r urbanístic@’

Entre xaneiro e xuño, persoal da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística impartirá obradoiros e actividades lúdicas e pedagóxicas nos centros participantes

10/12/22 | 10:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Becerreá, Baralla e As Nogais teñen en marcha o cuarto obradoiro 'Vía Künig' financiado pola Xunta con 510.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que está previsto construír dúas sendas peonís paralelas á estrada N-VI e ampliar o centro sociocultural de Baralla para habilitar un punto de atención aos peregrinos

10/12/22 | 10:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a seguridade viaria na estrada OU-531 no treito coincidente coa vía da prata ao paso polos concellos de Sandiás e de Xinzo de Limia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a levar a cabo a limpeza das marxes e cunetas da estrada e o reforzo da sinalización horizontal e vertical ao longo de 4 quilómetros desta vía autonómica
 

10/12/22 | 10:03

A Xunta repartiu xa preto de 20.000 composteiros domésticos para fomentar a autoxestión dos residuos orgánicos en Galicia

A día de hoxe son 440 as entidades adscritas a este programa, impulsado por Sogama hai máis dunha década e co que busca reducir a produción de residuos, minorar as emisións contaminantes e recuperar unha práctica tradicional no rural

09/12/22 | 21:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta reafirma o compromiso coa innovación no eido das doenzas neurodexenerativas

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participaron na poxa solidaria organizada na Coruña a favor da Fundación Degén, centrada na investigación e divulgación destas enfermidades

09/12/22 | 16:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
09/12/22 | 15:43

Galicia advirte de que a proposta de peche do xurelo en augas do Cantábrico e Gran Sol para 2023 tería un impacto de preto de 30 M€ na súa economía

A comunidade galega aporta argumentos socioeconómicos para defender os intereses da súa frota nas negociacións que se van desenvolver en Bruxelas entre o domingo e o luns para fixar as cotas de pesca do vindeiro ano en augas exclusivas da UE

09/12/22 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a mellora de pistas en Carboentes, no Concello de Rodeiro, e proxecta unha actuación similar en Pescoso co Plan de Infraestruturas Rurais

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Rubén Quintá, supervisou esta actuación, orientada á pavimentación de vías na contorna agrícola desta parroquia, a segundo máis poboada e cun forte peso agrogandeiro

09/12/22 | 14:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta visita Aspol como exemplo do compromiso do tecido empresarial galego por dar valor engadido aos seus produtos a través da innovación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en San Cibrao das Viñas as instalacións desta compañía referente no sector dos equipos de descanso

09/12/22 | 14:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar ao que destinará o vindeiro ano o investimento récord de 112 millóns de euros

Este esforzo orzamentario permitirá incrementar o número de horas á disposición dos Concellos e aumentar a achega autonómica ata chegar aos 12€/hora