Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia reforzará a educación de adultos cunha nova lei para impulsar o acceso desde o rural e a conciliación coa vida laboral e familiar
Rueda resalta que o obxectivo é “actualizar e adaptar” a actual normativa, que é de hai 30 anos, “ás necesidades da sociedade actual”
A Xunta destinará 19 M€ para o mantemento dos Camiños de Santiago no período 2023-2025
Salienta que se trata dunha partida “importante” para que estean en “perfecto estado”, xa que considera que unha das “razóns de éxito” con “número de visitantes récord” deste Xacobeo se debe ao “bo estado de mantemento e conservación” dos mesmos
O crédito Xempre Emprendemento amplíase ata chegar aos 11 M€ para axudar a pemes, autónomos e a economía social
Rueda xustifica esta ampliación no “enorme éxito e nas numerosas solicitudes” que recibiu a Administración galega cando se puxo enmarcha o programa no mes de setembro
Nava Castro destaca o éxito do programa 'O teu Xacobeo', ao que o goberno galego destinou 9,5 millóns de euros e no que se levaron a cabo 700 proxectos en toda Galicia
Trátase dunha pioneira convocatoria de axudas creada no ano 2019 co obxectivo de involucrar á poboación galega na celebración do dobre Ano Santo a través de proxectos que xiren en torno ao Ano Santo
A Xunta investirá 957.000 euros na renovación do Centro de protección de nenos e adolescentes da Carballeira
Os traballos teñen un prazo de execución previsto de seis meses e están centrados na mellora do control térmico interior e a eficiencia enerxética do edificio
A Xunta de Galicia impulsa a mellora dos accesos ao parque empresarial de San Cristovo de Cea cun apoio de preto de 120.000 €
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitaron hoxe as actuacións, que se enmarcan no traballo da Administración autonómica para mellorar e crear novas infraestruturas sostibles nas áreas industriais e impulsar a atracción de investimentos cara aos municipios
A Xunta convoca un millón de euros en axudas para a plantación de arredor de 520 hectáreas de frondosas e coníferas nos montes galegos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas da Consellería do Medio Rural, que procura favorecer o aumento da diversidade e da superficie forestal arborada, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios
A Xunta incorpora ao Catálogo de árbores senlleiras a Nogueira do Camiño Vello, localizada no concello de Triacastela
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se fai pública a inclusión deste exemplar atendendo ás súas características dendrométricas, á súa singularidade e á beleza do seu porte
A Xunta convoca tres novos cursos de mariñeiro pescador na modalidade ‘online’
Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e deles poderán beneficiarse un total de 180 persoas