Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta remata os traballos de conservación e limpeza en treitos interurbanos de seis ríos no concello de Outes
As tarefas leváronse a cabo nos ríos Entíns, Outes, Rial, Bendimón, Donas e un río innominado, no seu percorrido por distintos lugares do municipio
O Hipersector TIC supera os 25.900 traballadores e rexistra o maior incremento desde 2016
O número de empresas do Hipersector acada as 3.919 cun crecemento do 2,3% no último ano.
Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a mellora do firme en 6 estradas autonómicas da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 2,4 M€
A Xunta prevé comezar as obras a finais de agosto ou setembro e rematalas este ano
A Xunta asina os acordos con Femuro, Fademur e Femupo para promover que a experiencia de mulleres rurais no coidado de menores teña recoñecemento profesional
A Xunta vén de firmar os convenios de colaboración coas tres entidades para informar, sensibilizar e formar ás mulleres susceptibles de obter o recoñecemento da experiencia laboral neste ámbito e elaborar un censo
O persoal da unidade de investigación de incendios forestais e do distrito de Santiago leva a cabo unha xornada divulgativa de prevención de incendios entre os nenos do Colexio la Salle
Desprazáronse ao centro educativo compostelán varios efectivos e diferentes brigadas para mostrar como se actúa ante os incendios e tamén as tarefas do seu día a día
Máis de 228.000 persoas beneficiáronse xa en Galicia das actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo 2014-2020
O 70% das persoas beneficiadas son mulleres
A Xunta sinala que a gratuidade das escolas infantís representa un paso en firme a favor da conciliación e da educación de 0-3 anos
Fabiola García lembra que Galicia foi pioneira este curso en aplicar a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos e volverá a ser pioneira o curso que vén coa gratuidade de todas as escolas infantís para todos os nenos de Galicia
A Xunta pon en valor na Festa do viño tinto de Cenlle o compromiso da Xunta con ese sector
José González salientou tamén a importancia da aldea modelo de Osmo, a primeira posta en marcha en Galicia, na dinamización do territorio e da produción agrogandeira deste municipio ourensán
Sanidade aprobará nos vindeiros días os criterios de calidade das axendas de hixiene bucodental de atención primaria
Trátase dun documento resultado do traballo de hixienistas bucodentais das distintas áreas sanitarias