Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/06/22 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora dos locais sociais das asociacións de veciños San Xorxe de Cereixo e Santa Eulalia de Matalobos no Concello da Estrada

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego

03/06/22 | 14:23

O Programa integrado de emprego do Salnés permitiu en dez anos a mellora laboral dun milleiro de persoas e ofreceu prácticas en 700 empresas da comarca

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Sanxenxo no II Encontro Empresarial desta iniciativa no marco da celebración do seu décimo aniversario

03/06/22 | 14:22 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta o informe sobre custos de produción no sector da carne á asociación de gandeiros galegos da suprema

Desta forma, a Consellería do Medio Rural inicia unha rolda de contactos cos diferentes axentes deste eido produtivo -que tamén se manterán con industria e distribución- para que dispoñan de datos sobre a situación actual de venda a perdas

03/06/22 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta coñece os proxectos postos en marcha por sete centros galegos ao abeiro do programa 'Voluntariado Miúdo: Móvete'

Esta iniciativa, enmarcada no Plan Proxecta, promoveu o desenvolvemento este curso de sete proxectos de voluntariado de proximidade polos estudantes de primaria de varios centros galegos

03/06/22 | 14:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta soluciona unha pequena avaría no CEIP Seis do Nadal e leva a cabo obras ante a inacción do concello

Marta Fernández-Tapias lamenta o “alarmismo” do goberno local ante uns danos sen importancia e reclama outras reparacións que non atende no mesmo centro

03/06/22 | 14:10 | C. do Medio Rural

A Xunta promove a primeira campaña de 'Comedores responsables' en residencias de maiores de Galicia

Ata o vindeiro 31 de outubro, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria -dependente da Consellería do Medio Rural- impartirá formación e asesoramento aos responsables de cociña

03/06/22 | 14:04 | A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o potencial de Galicia na produción de materiais fundamentais para o futuro sustentable e innovador da economía

Salienta que o Goberno galego mobilizou xa máis de 270 millóns de euros para que case 70 empresas desenvolvan as súas iniciativas no ámbito da fábrica intelixente

03/06/22 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co Concello de Ortigueira o convenio polo que Augas de Galicia continuará a xestionar a depuradora municipal, destinando un investimento de máis de 385.000 €

A Xunta mantén o apoio á entidade local nas súas competencias para garantir o funcionamento desta instalación, tras destinar desde 2005 case 2,4 M€ á xestión da planta de tratamento de augas residuais do municipio

03/06/22 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá preto de 162.000 € na reforma da instalación eléctrica do CIFP a Farixa

O delegado territorial explicou que as reformas a realizar na instalación eléctrica existente no CIFP A Farixa é necesaria para adaptala ás necesidades actuais do Centro

03/06/22 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía a vixencia do título de familia numerosa ata os 21 anos do primeiro fillo

Beneficiará ás 27.000 familias numerosas de Galicia que xa non terán que renovar este documento cada catro anos coma ata o de agora