Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/06/22 | 12:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incorpora o concello de Rodeiro ao programa Xantar na casa

Con esta incorporación son xa catro os municipios da comarca do Deza que se benefician desta iniciativa, coa que se ofrecen menús semanais, sans e equilibrados a 65 persoas maiores da zona

06/06/22 | 11:47

A Xunta inviste este ano 35M€ na economía social, un modelo solidario comprometido co emprego estable, a igualdade e o medio rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela no acto de presentación do Manifesto da Economía Social que senta as bases para consolidar esta fórmula empresarial

06/06/22 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata o proxecto para a reubicación da parada de autobús na travesía de Laño da estrada PO-308, no concello de Poio

As obras suporán un investimento de 32.413€ e teñen un prazo de execución de dous meses

06/06/22 | 11:22 | C. do Medio Rural

Comeza unha nova edición das catas oficiais dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia que organizan a Xunta e os consellos reguladores

Este ano cataranse un total de 405 mostras, das cales 374 son de viño de 155 adegas e 31 mostras de augardentes e licores pertencentes a 12 empresas

06/06/22 | 11:14 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.065 casos activos por coronavirus

Un total de 609.617 pacientes xa están curados

06/06/22 | 10:50 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 90 persoas por 56 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 3 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 5 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 78 chamadas por accidentes de tráfico

05/06/22 | 15:27

A Xunta subliña a posición de referencia das Illas Atlánticas no eido do turismo sostible ao cumprirse 20 anos da súa declaración como Parque Nacional

Ángeles Vázquez salienta a importancia de vivir en “harmonía e paz coa natureza” e subliña que o noso patrimonio natural é un dos sinais de identidade de Galicia e un factor clave que cada ano atrae a un maior número de visitantes á Comunidade

05/06/22 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca unha nova liña de axudas ás salas de concertos dotada con 600.000 euros para reactivar a Rede Galega de Música ao Vivo

Poden solicitalas os espazos privados de exhibición musical para a contratación de actuacións ata o 30 de setembro de 2023 ao abeiro deste circuíto autonómico e como parte da celebración do Xacobeo 21-22

05/06/22 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta desenvolverá as oposicións de Educación en 14 localidades de toda Galicia con 222 tribunais

As probas para os corpos de mestres desenvolveranse o sábado 18 de xuño, mentres que para o resto serán o domingo 19