Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta contribúe á celebración da 70ª temporada lírica da Coruña coa posta en escena da ópera ‘Norma’ como prato forte
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación do programa deste ano, que conta cunha achega de 150.000 euros por parte do Goberno autonómico
Román Rodríguez anuncia un novo investimento de 9M€ en seis obras de mellora en centros educativos da cidade de Lugo
Presenta as rehabilitacións integrais do Paradai e do Ánxel Fole, que suporán un aforro enerxético medio do 40% aproximadamente
Trenor esixe ao Ministerio do Interior responsabilidade para completar os 500 efectivos da Policía Autonómica aprobados no catálogo
O delegado da Xunta na Coruña visitou a sede da Policía Autonómica da Coruña e insistiu na problemática do déficit de funcionarios xa que das 500 prazas aprobadas actualmente hai cubertas 364
O inicio da execución das obras da senda peonil na AC-214 en Sigrás, no Concello de Cambre, obrigarán ao corte da estrada a partir deste mércores
Esta actuación de mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria inclúe a execución de muros de sostemento para conseguir unha plataforma ampliada, para o que é necesario o corte do tráfico, salvo para residentes, entre a N-550 e a AC-213
A Xunta e o Concello de Cospeito asinan un acordo para que a Torre da Caldaloba sexa de titularidade municipal
Ao abeiro desta nova alianza, garantirase a recuperación, conservación e mantemento deste BIC, un dos máis de 700 cos que conta Galicia
A Xunta formará á totalidade dos técnicos e responsables das diferentes Oficinas Agrarias Comarcais sobre a Lei de recuperación da Terra Agraria de Galicia
O subdirector de mobilidade de terras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural impartirá esta formación ao longo dos meses de xuño e xullo nas catro capitais de provincia
A Xunta conclúe as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada autonómica OU-193 no Casal, no concello de Cortegada
O delegado territorial explicou que se mellorou a seguridade viaria e a accesibilidade mediante a execución dun novo tramo de beirarrúa para conectar coas xa existentes, e unha senda-cuneta de 215 metros de lonxitude
Fernández-Tapias apunta á implantación do Compliance como clave para a protección das empresas fronte aos riscos legais
A delegada territorial da Xunta participou na presentación do III Congreso Galego de Compliance que se celebrará o 16 de xuño en Vigo
A Xunta e o Concello de Pantón investirán 650.000 € para dotar de abastecemento de auga potable 240 veciños das parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato
O acordo recolle que as obras, que se licitarán a finais de ano ou comezos do vindeiro, serán financiadas cunha achega da Xunta de 520.000 € e 130.000 € do Concello