Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/06/22 | 13:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel da ciencia e a innovación para construír a Galicia do mañá, intelixente e sostible

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación do ensaio clínico do primeiro antiviral español contra a covid-19, que xa se está probando en pacientes

06/06/22 | 13:33

Galicia defende a necesidade de elevar as posibilidades de pesca en 2023 tras varios exercicios de recortes

A comunidade lembra que a propia Comisión Europea recoñece o bo estado das pesqueiras nas que faena a frota galega e a concienciación do sector pesqueiro na conservación dos distintos recursos

06/06/22 | 13:29 | A Presidencia da Xunta

Martina Aneiros felicita aos alumnos do CPR Santiago Apóstol polo seu recente galardón na terceira edición do concurso de recollida de pilas ‘Pilabot’

A representante do Goberno galego tamén tivo palabras de recoñecemento para os docentes polo seu labor de “concienciación desde a escola sobre un dos residuos máis contaminantes”

06/06/22 | 13:20

Nace o Foro de Identidades e Disidencias Sexuais para identificar e dar resposta axeitada ás necesidades das persoas LGTBI

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Consello da Cultura Galega abrirán un proceso participativo para identificar as necesidades do colectivo e poder definir os recursos e servizos que precisan

06/06/22 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Gondomar o convenio polo que Augas de Galicia continuará a xestionar a depuradora municipal, destinado un investimento de case 1,4 M€

A Xunta mantén o apoio á entidade local nas súas competencias, garantindo o funcionamento da depuradora, tras destinar desde 2005 case 9,2 M€ á xestión da instalación, cunha capacidade de depuración para una poboación de 24.000 habitantes

06/06/22 | 12:59 | C. de Política Social e Igualdade

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos, impulsada pola Xunta, chega hoxe a Monforte

Estará situada toda esta semana na praza da Compañía e ofrecerá información, asesoramento e axuda naqueles trámites necesarios para as persoas refuxiadas como a escolarización de menores, o acceso á sanidade ou cursos de competencias lingüísticas para a súa inserción no mundo laboral

06/06/22 | 12:52 | C. de Economía e Industria

A Axenda Enerxética de Galicia 2030 prevé un investimento de máis de 630M€ ata 2024 para impulsar as renovables, a eficiencia enerxética e a economía circular

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro cos principais clústeres do sector para avanzar nesta folla de ruta, que ten entre os seus obxectivos converter Galicia nunha rexión neutra en carbono no 2050

06/06/22 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita o centro de día de Beiramar da Xunta, no que Afaga atende a 40 usuarios con alzhéimer

A delegada territorial en Vigo tivo oportunidade de coñecer o centro especializado dependente da Consellería de Política Social e reunirse coa súa xunta directiva

06/06/22 | 12:35 | A Presidencia da Xunta

Rueda gaba a implicación das empresas e a sociedade civil na loita contra o cambio climático

“Universidades, autoridades portuarias, empresas e industria e outras entidades unimos hoxe as nosas forzas e todos xuntos, sector público e privado, traballaremos cos mesmos obxectivos e a mesma filosofía: deixar unha Galicia mellor ás vindeiras xeracións”, di