Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/06/22 | 21:45 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada á oposición unha proposta para levar ao Goberno central unha posición única de Galicia en temas como a sanidade, os fondos europeos, as infraestruturas e as competencias sobre o litoral

Incide na importancia do diálogo entre as forzas políticas, “é o que os cidadáns nos piden”, di, apelando á necesidade de que Galicia conte cunha postura de país

06/06/22 | 20:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta o papel do plurilingüismo para reforzar a lingua galega en todos os ámbitos

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación dunha guía elaborada pola Real Academia Galega ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21-22 da Xunta que se centra no eido educativo do Concello de Ames

06/06/22 | 20:10 | C. de Sanidade

A Xunta mantén a súa aposta pola investigación e a innovación sanitaria

O proxecto “Mellora continua da calidade na xestión integral do proceso de estenose aórtica sintomática”, liderado polo cardiólogo do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Carlos Peña Gil, recibiu o II Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía

06/06/22 | 19:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mostra itinerante ‘Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños’ chega a Ourense cunha escolma de pezas persoais do homenaxeado nas Letras Galegas

Inclúese nas máis de 150 actividades deste ano e percorre a vida e a obra do autor a través dunha unha selección de obxectos como cartas ou borradores de poemas, cedidos pola familia

06/06/22 | 19:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide concreción ao Goberno central sobre o convenio previsto para a cobertura das prazas vacantes da Policía Autonómica

O Goberno galego lamenta ter que enterarse polos medios de comunicación de asuntos de vital importancia para a comunidade e descoñece se houbo avances por parte do Executivo estatal no convenio que permitirá convocar o concurso de prazas vacantes da Unidade

06/06/22 | 18:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura convida a redescubrir a Vía da Prata nunha mostra que cruza séculos e vieiros da man de 40 fotógrafos clásicos e contemporáneos

‘A Vía da Prata. Aires do Sur’ constrúe un relato evocador que atravesa a historia da Península Ibérica e do Camiño nun carrusel de 140 instantáneas de fotógrafos destacados e emerxentes

06/06/22 | 18:15

Galicia lidera os pasos das rexións da Unión Europea para fixar unha proposta conxunta, social e de futuro da política pesqueira común

Rosa Quintana, defendeu a necesidade dunha PPC que aposte pola remuda xeracional mediante a mellora das condicións de vida a bordo e a adecuación da formación para facer da profesión unha opción atractiva para a mocidade europea

06/06/22 | 17:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Galega de Control da Violencia toma cartas respecto á venda de alcol en instalacións deportivas e traballa sobre once novos expedientes

En total incoáronse sete procedementos sancionadores na novena xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia

06/06/22 | 16:50 | C. do Medio Rural

Galicia traslada ao Goberno central os resultados do informe de custos no vacún de carne que constata a situación xeneralizada de venda a perdas no sector

José González pediu ao ministro Planas que se implique con forza para facer fronte a esta realidade e que traballe para facer cumprir a Lei nacional da cadea alimentaria, que prohibe expresamente a venda a perdas

06/06/22 | 15:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou máis de 1,6 M€ aos concellos galegos para a compra de vehículos eléctricos ou híbridos polo sistema de renting para uso das policías locais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a segunda convocatoria das axudas para o período 2022-2026 logo da realizada o ano pasado, da que resultaron beneficiarios 31 concellos galegos