Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

05/12/22 | 11:28 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 47 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 2 de decembro ata as 23,59 horas do domingo, 4 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

05/12/22 | 11:02 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.222 casos activos por coronavirus

Un total de 682.110 pacientes xa están curados

04/12/22 | 10:06 | C. de Sanidade
03/12/22 | 15:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta avanza nas obras do búnker de radioterapia do Hospital Público de Montecelo co obxectivo de que estean rematadas este ano

Esta estrutura ten unha superficie en planta rectangular de 430 m² e na súa construción estanse a empregar 1.225 m³ de formigón e máis de 120 toneladas de aceiro

03/12/22 | 11:30 | C. de Sanidade

Galicia captou este ano 10 residentes de Medicina de Familia provenientes doutras comunidades

O conselleiro de Sanidade suliñou que neste 2022 o 90% dos residentes que remataron o MIR de medicina de familia en Galicia foron contratados polo Sergas

03/12/22 | 11:23 | C. de Sanidade

A Xunta adquire por 6,1 millóns de euros 9 novas gammacámaras para os hospitais públicos galegos

8 destes equipos renovarán equipamento antigo mentres que 1 supón unha ampliación ao incorporarse ao novo servizo de medicina nuclear de Pontevedra

02/12/22 | 13:41 | C. de Sanidade

Galicia acada un 43% de cobertura na vacinación pediátrica fronte á gripe

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou a importancia da incorporación desta medida de protección nun ano de alta incidencia de virus respiratorios na infancia

02/12/22 | 11:53 | C. de Sanidade

O Sergas ofrecerá contratos de continuidade de tres anos de duración

A Consellería de Sanidade segue a promover a estabilidade dos postos de traballo para garantir unha asistencia continuada de calidade nos diversos centros sanitarios, a través do cumprimento coas súas necesidades específicas
 

02/12/22 | 10:52 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue convida á cidadanía a doar nesta primeira ponte festiva de decembro e salienta a importancia de aumentar as doazóns dos grupo A positivo, Cero positivo e Cero negativo

As unidades móbiles de ADOS visitarán durante a semana máis de 30 concellos coa finalidade de asegurar o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos

02/12/22 | 10:21 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.481 casos activos por coronavirus

Un total de 681.660 pacientes xa están curados