Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/05/22 | 19:35 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo o potencial da próxima Lei da calidade alimentaria para enxalzar o produto das catro indicacións xeográficas protexidas do viño galegas

No marco desta posta en valor, José Luis Cabarcos tamén se referiu á Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia promovida pola Xunta, que persegue consolidar o sector nos diferentes mercados

24/05/22 | 18:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia demanda acelerar o ritmo de investimento para cumprir cos prazos da Rede Transeuropea de Transporte

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na asemblea xeral da Comisión do Arco Atlántico, celebrada en San Sebastián

24/05/22 | 18:45

Ángeles Vázquez insta ao Goberno central a 'reflexionar sobre o lobo, reconectar co rural e restaurar aos gandeiros' polos danos da súa decisión

Lamenta a “nula sensibilidade” do Executivo estatal co mundo rural e cos gandeiros que durante anos propiciaron e garantiron a protección do lobo ibérico en España

24/05/22 | 17:55

Galicia conta xa cunha folla de ruta forte e consensuada do seu sector marítimo-pesqueiro para a defensa dos seus intereses ante a revisión da PPC

A titular de Mar salienta que é o momento de que as rexións pesqueiras europeas actúen para reconducir os ditados da Política Pesqueira Común e dar resposta ás necesidades das comunidades costeiras e aos novos retos do sector

24/05/22 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece cinco incendios nos concellos de Covelo, A Lama e Porqueira

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 27 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

24/05/22 | 15:44 | A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en valor o Camiño de Santiago como evento dinamizador da demanda cultural e turística de Galicia

Nava Castro participou na rolda de prensa de presentación do Congreso Mundial de Pastoral de Turismo, que celebra do 5 ao 8 de outubro en Compostela a súa VIII edición

24/05/22 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 260.000 € a redacción dos proxectos de 5 actuacións para reducir o risco de inundación nos concellos de Padrón e de Valga

Cinco empresas redactarán os proxectos construtivos, previstos pola Xunta no marco do Plan de xestión específico para a área fluvial dos ríos Ulla e Sar declarada de risco potencial de inundación, para minimizar o risco de asolagamento nestes dous municipios
 

24/05/22 | 15:04 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o éxito do programa Coidados Porta a Porta, que atendeu a 4.700 persoas en dous meses

Na provincia de Lugo este servizo chegou a 18 concellos e atendeu a un total de 1300 persoas

24/05/22 | 15:01 | A Presidencia da Xunta

Gabriel Alén participa na solta dun miñato na Serra da Enciña da Lastra para conmemorar o Día dos parques

O delegado territorial quixo pór en valor a importante diversidade biolóxica e paisaxística dos tres parques naturais da provincia