Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/05/22 | 14:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa o coidado do medio ambiente entre o alumnado galego a través do voluntariado

O CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal pon en marcha un proxecto para fomentar entre as nenas e nenos o respecto pola natureza, a reciclaxe e a recollida de lixo

23/05/22 | 14:19

A Xunta apoia a flexibilización horaria nas empresas a través da liña de axudas dirixida a pemes e autónomos, á que destina este ano 1,4 M€

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, visitou hoxe a firma téxtil viguesa Paz Rodríguez, que o ano pasado recibiu 11.000 euros da Xunta para implantar medidas de flexibilidade laboral

23/05/22 | 14:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a inscrición para os cursos de formación especializada que se impartirán no encontro Corazón da artesanía en Agolada

O mestre do coiro José Luis Bazán, Premio Nacional de Artesanía 2021; o obradoiro compostelán Noroeste Obradoiro, Premio Produto 2021; a cesteira Simone Simons, especializada no traballo co esparto; e os obradoiros Logaro e Zeltia ao aire impartirán os cursos para profesionais, estudantes e público interesado na artesanía

23/05/22 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a CEL organizan en Ribadeo o próximo 1 de xuño unha xornada informativa sobre as axudas para o comercio

Enmárcanse nas actividades da oficina Conecta Lugo, instalada na localidade para asesorar a emprendedores e pemes da comarca da Mariña

23/05/22 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que unha das finalidades da estratexia naval é aproveitar as oportunidades que se van xerar ao redor da innovación, a sustentabilidade e o talento

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta mañá con representantes de Aclunaga e Asime en Vigo para avanzar na Estratexia naval 2022-2026

23/05/22 | 13:12 | C. de Sanidade

Sanidade detecta dous novos posibles casos da varíola do mono

Até o de agora, a Dirección Xeral de Saúde Pública enviou ao Instituto de Saúde Carlos III as mostras de tres posibles casos desta enfermidade en Galicia, todos eles sen confirmación definitiva

23/05/22 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a finais de ano comezarán as obras de saneamento do río Lameira de Marín, cun investimento de 3,3 M€ para mellorar a calidade das augas da ría de Pontevedra

Mellorarase a rede de saneamento na contorna do río, reducindo a entrada de augas brancas e regulando a derivación de caudal á depuradora en tempo de chuvia

23/05/22 | 12:20

A Xunta subliña que as novas axudas á rehabilitación enerxética en edificios e vivendas tamén se poden solicitar para segundas residencias

Ángeles Vázquez salienta que estas subvencións, cuxo prazo de solicitude se abriu hai unha semana, poden chegar a un máximo de 38.750 € e van dirixidas a actuar sobre envolventes e fachadas e cambiar equipos de calefacción e de auga quente

23/05/22 | 12:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reclama que o Goberno central incremente os fondos europeos destinados ao galego

Advirte que só prevé dedicar a linguas cooficiais 30 millóns de euros dos 1.100 existentes no PERTE lingüístico, algo que resulta “insuficiente”

23/05/22 | 11:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incorpora ao Concello de Oímbra ao programa Xantar na casa

Este servizo permitirá achegar menús semanais, sans e equilibrados aos fogares de dez persoas maiores deste municipio que viven soas