Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/05/22 | 16:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3,5 M€ a execución das obras de mellora do sistema de saneamento de Celeiro, no Concello de Viveiro

Construirase un novo bombeo e un depósito de retención, que levarán directamente as augas residuais de Celeiro cara ao novo pretratamento da depuradora de Viveiro

20/05/22 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Fernández-Tapias destaca a dimensión internacional da alianza do Xacobeo e a 52 Super Series Baiona Sailing Week

O Monte Real Club de Yates acollerá aos nove equipos que debutarán na contorna do Parque Nacional das Illas Cíes na que está considerada unha das competicións máis importantes do mundo xunto á Copa América e a Volvo Ocean Race

A representante autonómica emprazou ás tripulacións participantes a converterse en embaixadoras do Camiño e a riqueza de Galicia nos seus países de orixe

20/05/22 | 15:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Comité Educativo aborda os cambios no protocolo implementados polo Goberno do Estado para trasladar aos centros escolares

Desde a prudencia, as medidas avanzan nunha progresiva normalización da situación tras dous anos de pandemia, pero mantendo a ventilación e limpeza axeitadas

20/05/22 | 15:24

A Xunta duplica o orzamento destinado ao Ceida para consolidar a súa posición de referencia no eido da educación ambiental

Ángeles Vázquez felicita á entidade por repetir un ano máis como centro azul, en recoñecemento ao seu “excelente labor” de divulgación e concienciación social

20/05/22 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta actualiza o Plan de Protección Civil de Salvamento nas Praias de Galicia para garantir este verán a cobertura das emerxencias nas zonas de baño da comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión na que se creou o comité asesor do Sapraga

20/05/22 | 15:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor anuncia un investimento de máis de 1,5 M€ nas obras de reforzo do firme nas estradas AC-400, AC-406 e AC-546

O delegado da Xunta explicou que a Xunta realizará melloras nestas vías ao seu paso polos concellos de Santa Comba, Tordoia, Coristanco, Cerceda, Mazaricos, A Baña e Negreira

20/05/22 | 15:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a reposición integral do firme nas estradas PO-201 en Silleda e PO-960 en Vila de Cruces cun orzamento de 1,6 M€

O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación de senllas actuacións, nun proxecto conxunto, nunha visita a ambas estradas nas Pedrosas e Gres xunto aos alcaldes Manuel Cuíña e Luis Taboada

20/05/22 | 14:56 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta celebra o 35 aniversario da Escola Galega de Administración Pública

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou os actos conmemorativos da xornada, acompañado da directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos

20/05/22 | 14:55 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a futura Lei da calidade alimentaria suporá un gran impulso na produción e a comercialización agraria galega

Así o destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria na clausura das xornadas de fertilización, substratos, amorodo e outros froitos vermellos, organizada pola USC e que se desenvolveu na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo