Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica por máis de 120.000 € a redacción do proxecto construtivo de mellora do sistema de entrada á depuradora municipal de Monterroso
Trátase da primeira fase das intervencións necesarias para a mellora do sistema de saneamento e da depuración do municipio, de competencia municipal
Ethel Vázquez presenta o Plan hidrolóxico de Galicia costa 2021-2027 como unha folla de ruta con rango de Lei para lograr o bo estado do 100 % das masas de auga da conca
Vázquez Mourelle advirte da necesidade de concienciar sobre o consumo responsable da auga ante unha situación de “seca prolongada” pola falta de chuvias e para evitar problemas nos meses de verán
A Xunta presenta o novo campamento astronómico que se realizará este verán no concello da Veiga
Trátase, xunto con Xunqueira de Ambía, dunha das novidades nas localizacións de campamentos da campaña de verán deste ano 2022
O reto #CaminaenDigital fai que 700 persoas maiores de toda España percorran 65.000 km. empregando ferramentas dixitais
A participación no Reto, organizado desde a Rede CeMIT de Galicia como membros da asociación Somos Digital, impulsou a moitas das 704 participantes a facer o que nunca fixeran: empregar dispositivos dixitais para medir os seus pasos e facer e enviar fotografías e vídeos
Galicia ve nos fondos europeos unha oportunidade para a transformación industrial a partir da innovación, a sustentabilidade e a dixitalización
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Vigo na clausura do II Foro industrial de fondos europeos de recuperación, organizado por Asime
A Xunta investiu 440.000 euros na renovación da pasarela do bordo portuario de Moaña
Portos de Galicia transferirá a conservación desta actuación ao Concello e prevé iniciar proximamente a renovación do pavimento dos pantaláns pesqueiros do peirao de Meira
A Xunta incrementa ata 41 as prazas públicas nos centros de atención diúrna de Adisbismur en Outes
O Goberno galego destina a esta entidade 440.000 euros ao ano para a posta en marcha desta prazas públicas de centro de día e ocupacional
Lete Lasa destaca o ciclismo como 'bolsa de novos valores' na presentación da Mini BTT Concello de Ribadumia que xuntará a 500 nenos e nenas
Lembra os cinco centros BTT de Turismo de Galicia, así como os pump track indoor instalados pola Secretaría Xeral para o Deporte no Complexo Deportivo de Monterrei en 2021 e nas dependencias do Club Ciclista Maceda en 2016
A Xunta recibe máis de 300 solicitudes de axudas para proxectos de restauración e mellora en Rede Natura e prevé esgotar os 2,4 M€ do orzamento dispoñible
A convocatoria, dirixida a concellos, titulares de terreos agrícolas e forestais e asociacións ambientais, ten como fin apoiar iniciativas para preservar a biodiversidade e mellorar as paisaxes rurais tradicionais dentro destas zonas