Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/05/22 | 18:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta porá en marcha unha nova convocatoria do programa Xuventude Crea o vindeiro mes de xuño

O certame incluirá 14 categorías distintas nas que participar, que van desde artes plásticas, cociña e música, ata videocreación, novela curta ou deseño de xoias

A mostra estará durante un mes no Espaxo Xove para difundir o talento e a creatividade da mocidade galega

O Goberno galego está avanzando na creación dun museo dixital que sirva de escaparate dos proxectos que participaron no certame
19/05/22 | 18:14

A Xunta insiste na necesidade de reducir o IVE aos produtos pesqueiros para fomentar o consumo de peixes e mariscos entre os máis novos

A conselleira do Mar inaugurou as XXIX Xornadas técnicas de Expomar que terán lugar hoxe e mañá en Burela

19/05/22 | 18:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O Porto de Vigo acolle unha proba para o uso de aeronaves non tripuladas e intelixencia artificial para a vixilancia

O proxecto, desenvolvido por Orange, Gradiant e Ericsson, enmárcase no plan 5G para o desenvolvemento desta tecnoloxía en Galicia

19/05/22 | 17:03 | A Presidencia da Xunta

Os barcos históricos do 'Exploraterra' atracan na Coruña da man da Xunta e da Fundación Nao Victoria

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe o Galeón Andalucía e a Nao Victoria, que poderán visitarse de balde no porto ata o 22 de maio

19/05/22 | 16:59 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia con máis de 121.000 euros unha planta piloto en Ponteareas que persegue atoparlle unha solución integral ás dexeccións gandeiras das explotacións galegas

A iniciativa -na que colabora o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo- combina diferentes etapas de depuración e vai acompañada de ensaios de campo para avaliar o potencial fertilizante dos diferentes subprodutos obtidos na planta piloto

19/05/22 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

O Coro do Hospital de Lugo actúa na residencia das Gándaras dentro das celebracións do 40º aniversario do centro

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañaron os residentes e salientaron que os orzamentos deste ano reservan 1,7 M€ para levar adiante a reforma das instalacións

19/05/22 | 14:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria do novo fondo de axudas do Hub Audiovisual para o desenvolvemento de videoxogos con 500.000 euros

O DOG publica hoxe as bases da iniciativa para impulsar a realización integral de oito novas producións por parte de profesionais e pemes con sede en Galicia

19/05/22 | 14:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza o VIII Plan de igualdade de oportunidades, dotado con 935,5 M€, o maior orzamento da historia para loitar contra as discriminacións e previr a violencia de xénero

O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace ao documento estratéxico 2022-2027, que incrementa a súa dotación presupostaria nun 138,8 %