Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta realiza hoxe unha proba das cinco sirenas de aviso á poboación na presa de Eiras
A proba comezou ás 11,30 horas da mañá e as sirenas escoitáronse nos concellos de Fornelos de Montes, Ponte Caldelas, Soutomaior e Pontevedra, pero sen afectar á actividade diaria da veciñanza
Portos de Galicia apela á colaboración dos concellos para poder aumentar os horarios e zonas autorizadas á pesca recreativa
Susana Lenguas subliñou o esforzo realizado polo Executivo galego para integrar unha práctica vinculada unicamente ao ocio veciñal e allea á actividade portuaria
A Xunta amplía o prazo de adscrición dos vehículos adquiridos ao abeiro das axudas para a compra de taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos
Esta iniciativa responde á situación extraordinaria actual ocasionada pola crise dos microchips, que ralentiza o ritmo de fabricación e a entrega dos vehículos
Xunta e Concello de Muíños asinan o convenio que permitirá a construción dun novo centro de saúde que duplique a superficie actual
O conselleiro de Sanidade agradeceu ao alcalde a axilidade da administración municipal, que xa iniciou o proceso de cesión da parcela
A sinalización do Camiño Portugués suma xa preto de 300 establecementos ao seu paso pola cidade de Vigo
Marta Fernández-Tapias participou este venres na instalación da sinalética oficial en comercios tras recibir 107 novas peticións para participar na iniciativa
Un total de 3.765 contratos temporais de mulleres transformáronse a indefinidos no último ano en Galicia grazas as actuacións da inspección laboral
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, destacou hoxe en comisión parlamentaria as accións que está a facer a Xunta para impulsar a igualdade laboral
A Xunta convoca máis de 1,3 M€ en axudas para mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se establecen as bases reguladoras de concesión destas achegas, que buscan loitar contra as agresións e enfermidades das colmeas e apoiar outras actuacións de mellora da produción
Trenor destaca a colaboración entre a Xunta e as entidades para acadar a inclusión real das persoas con discapacidade
O delegado da Xunta destacou que a Xunta reuniuse coa nova xunta directiva de Aspace Coruña que preside Mª Carmen Barreiro
Galicia rexistra un total de 11.987 casos activos por coronavirus
Un total de 593.420 pacientes xa están curados
A Xunta destaca nun workshop en Porto o peso do mercado luso no proceso de recuperación do sector turístico galego
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do acto xunto ao presidente do Clúster de Turismo de Galicia e o presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal no WOW