Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aspira a xestionar preto de 24 millóns de euros en actuacións de cohesión para impulsar a transformación innovadora do turismo en Galicia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou as 5 candidaturas galegas do marco do Programa Extraordinario de Plans de sustentabilidade turística en destinos, que engloban 3 actuacións do Plan Territorial de Enogastronomía e 2 do Plan Nacional
A Xunta activa axudas por 265.000 euros para impulsar a comercialización nacional e internacional do produto artesán galego
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, presentaron esta mañá en Santiago os apoios para a organización e a participación en feiras
A Xunta e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia estrean dúas pezas audiovisuais sobre María Casares en conmemoración do centenario da actriz
O director de Industrias Culturais interveu na presentación de ‘María Casares: Voces para un centenario’, iniciativa desenvolvida pola AAAG ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021
Rueda salienta os avances no deseño do novo Plan da industria conserveira de produtos do mar para reforzar a súa competitividade cara ao 2030
Resalta o apoio da Xunta para afondar nunha axeitada venda dos produtos e que en 2022 se recibiron 85 solicitudes para as axudas de mellora das instalacións en pequenas e medianas empresas de transformación de produtos do mar
A Xunta solicita 15 M€ máis dos fondos Next Generation para impulsar o Plan Monterrei como iniciativa transversal e integral de desenvolvemento rural
González explicou que xa se conta cun investimento de 17 millóns de euros (IVE engadido) enfocados á posta en valor turística do castelo de Monterrei e que, no marco dos fondos Next Generation, proponse ampliar esta dotación con outros 15 millóns adicionais
A Cidade da Cultura acolle 10 orixinais olladas contemporáneas sobre o camiño na última parada da mostra ‘Percorrer o tempo’
Seis contedores de barco convertidos en salas de proxección de fotografía e vídeo conforman a exposición, que poderá verse no Gaiás ata o 20 de xullo de 2022
Valentín García salienta o talento creativo en galego das novas xeracións na XIX edición do Festival de Cans
O secretario xeral de Política Lingüística asiste á proxección das curtas gañadoras dos premios audiovisuais ‘REC.curta 2022’, apoiados pola Xunta
A Xunta concede preto de 71.000 euros en axudas do bono consolida 2021 a seis empresas sociais de Ferrolterra
A delegada territorial, Martina Aneiros, lembra que este programa ten como finalidade o afianzamento de entidades de economía social
A Xunta alenta a colaboración co empresariado para dar un novo salto nunha formación profesional galega especializada e de alto valor engadido
Román Rodríguez aposta por estreitar alianzas entre o tecido socio-económico e o ámbito educativo para afrontar “con éxito” os retos de futuro na FP, que pasan por afondar na innovación e a dixitalización