Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta adxudica por máis de 750.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-504 entre Sanxenxo e Vilalonga
Actuarase en 2 km para eliminar un treito de concentración de accidentes, renovaranse 5 interseccións no tramo que vai do lugar do Vinquiño ao inicio da parroquia de San Tomé de Gondar, e construirase unha glorieta no cruce co Camiño ao Santo
A Xunta abona estes días máis de 15 M€ das axudas directas da PAC correspondentes á campaña 2021
Corresponden ás liñas de vacas nutrices e vacún de leite, así como ás de pago básico, pago verde e mozos
A Xunta e o Concello de Cartelle constatan o avance nas parcelarias de Santa Baia de Anfeoz, San Tomé e Cartelle nos que se levan investido arredor de 8 M€
No caso da de San Tomé, prevese rematar este ano os camiños secundarios que contan cun investimento de 1,2 millóns de euros, na de Cartelle culminarase a revisión cartográfica do acordo e na de Santa Baia daráselle firmeza ás bases
A Xunta financia con preto de 2,3 M€ os contratos de 22 científicos posdoutorais para abrir liñas de investigación propia en Galicia
Esta convocatoria, que vén de resolver o Goberno galego, enmárcase na aposta por favorecer a carreira científica e o desenvolvemento dun sistema galego de investigación forte e especializado
A Xunta concede 800.000 € en axudas a 42 concellos para mellorar a imaxe exterior e os impactos paisaxísticos en edificios e equipamentos municipais
En total, outorgáronse 53 subvencións por un importe máximo de 20.000 € e houbo 11 municipios que recibiron dúas axudas, unha por cada liña prevista na orde
O Sergas leva dispensados 318 tratamentos dos antivirais contra a covid-19
Desde o pasado 28 de marzo, os medicamentos ‘Paxlovid’ e ‘Evusheld’ engadíronse á listaxe de recursos dispoñibles para loitar contra o coronavirus
A Cidade da Cultura volve celebrar na súa contorna a festiva e colorida carreira ‘Holi Gaiás’ o 4 de xuño
Xa están á venda os mil dorsais para participar nesta cita deportiva de carácter lúdico en Ataquilla.com e no Museo Centro Gaiás
A Xunta destaca a calidade dos recursos naúticos de Galicia como atractivo turístico
A directora de Turismo de Galicia participou hoxe na entrega de trofeos da Regata da Muller
A Xunta e a USC organizan unha xornada aberta ao público para implicar á cidadanía no ‘Proxecto nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega’
O Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia acolle o luns un encontro no que se darán a coñecer os detalles desta iniciativa na que se está a traballar para acadar a total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico
A Xunta convoca o XXIII Premio Elías Valiña, que incrementa este ano a súa contía para reforzar o recoñecemento das entidades do Camiño de Santiago
O galardón, que pasa a estar dotado con 15.000 euros, está dirixido a asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro que protexen a Ruta Xacobea