Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Trenor anuncia a licitación por máis de 282.000 € das obras do by-pass no río Anllóns na zona de Muíño do Quinto, en Carballo
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou a zona na que se vai a levar a cabo esta actuación que se inclúe dentro das obras previstas para reducir o risco de inundacións neste río e ás que se destina un investimento global de 3 millóns de euros
O 061 de Galicia asistiu 53 persoas por 43 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 20 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 22 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico
Galicia rexistra un total de 10.066 casos activos por coronavirus
Un total de 597.539 pacientes xa están curados
A Xunta amplía ata os 10,2 M€ o orzamento dos programas integrados de emprego para formar e mellorar a ocupación de 4.100 persoas desempregadas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria desta iniciativa plurianual, que incrementa nun 2 % a partida para os anos 2022 e 2023
A Xunta renova a plataforma de É-saúde e integra nela a Carpeta Persoal para que a cidadanía poida rexistrar os seus datos de saúde e compartilos cos profesionais sanitarios
Os cidadáns decidirán que información da súa saúde queren compartir cos profesionais sanitarios
A Xunta inscribe seis mouteiras das provincias da Coruña e Lugo no Rexistro galego de materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá publicidade á autorización de seis mouteiras situadas en Coristanco, Culleredo, As Pontes, A Fonsagrada, Lugo e Guitiriz para a produción de material forestal de calidade de interese para a industria
A Xunta recibe 11 ofertas para executar as sendas na Medorra e Paiseo, no Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz, cun investimento de 1 M€
Intervirase na marxe esquerda da estrada OU-101, nas zonas que carecen de espazo para o tránsito de peóns, ofrecendo unha importante mellora da seguridade viaria e da mobilidade aos veciños destes tres municipios, ao tempo que revalorizan a zona
A Xunta impulsa unha nova liña de axudas directas para microempresas e pemes co obxectivo de reforzar a súa aposta pola innovación
O novo programa Bonos de Innovación contribuirá a que as beneficiarias realicen actividades de innovación que poidan levarse a cabo de maneira inmediata e repercutan directamente na capacidade para dar resposta aos retos actuais do tecido empresarial
O investimento en tecnoloxía das empresas galegas crece máis dun 19 % nun ano
En 2021 o tecido empresarial galego destinou 545 millóns de euros á tecnoloxía, 88 millóns de euros máis que no ano anterior
A Xunta inicia un ciclo de encontros en liña con novos talentos do deseño referentes a nivel internacional
As Conversas en rede comezan o 31 de maio co obxectivo de explorar as novas tendencias do deseño aplicadas á innovación e á sustentabilidade