Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o concello do Irixo avaliarán a posta en marcha dunha agrupación de xestión conxunta para a plantación de cereal destinado á gandaría
O Concello está interesado en aumentar as posibilidades de alimentación para o gando apostando por estes cultivos no lugar de Matelo
Román Rodríguez felicita ao Servizo de Inspección Educativa polo seu labor para planificar o vindeiro curso fronte aos retrasos do Goberno do Estado
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades reúnese co corpo de inspectores, aos que agradece o traballo realizado no desenvolvemento da fase galega dos currículos, nestes momentos en trámites administrativos
A Xunta apoia o desenvolvemento das empresas de economía social de Lugo con achegas por 188.000 €
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se concederon 19 axudas do Bono Consolida para dixitalización, adquisición de equipamento e mellora da competitividade
A Xunta invita aos concellos da zona do Salnés a coñecer os programas de axudas en materia de vivenda
É o terceiro encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia de Pontevedra e terá lugar o vindeiro luns, 23 de maio, ás 10,30 h, no Real Club Náutico de Sanxenxo, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
A Xunta e o Concello de Montederramo investirán case 40.000 € na instalación de 34 bancos públicos en preto dunha trintena de aldeas do municipio
A actuación enmárcase no plan Hurbe específico para a Ribeira Sacra da Consellería
Nava Castro recibe no Obradoiro un grupo de peregrinos procedentes de Valga
Realizaron o camiño Portugués por etapas durante os meses de abril e maio
A Xunta recibe 11 ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade peonil na parroquia de Santo André de Xeve, en Pontevedra
Trátase dunha actuación integral nas estradas PO-223 e PO-224 que suporá un investimento autonómico de máis de 2,2 M€ e favorecerá unha contorna escolar segura, froito da colaboración con STOP Accidentes e do diálogo co CEIP Santo André de Xeve
A Xunta colaborará co Concello de Riotorto na execución da 2ª fase do saneamento da parroquia de Galegos, cun investimento de preto de 50.000 €
O obxectivo é dotar de saneamento as vivendas de Galegos que carecen deste servizo, as situadas ao sur da igrexa, porque as restantes xa se conectaron nunha 1ª fase
A Xunta edita un libro destinado á divulgación didáctica da mellora e da reprodución apícola co obxectivo de avanzar na consolidación do sector
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria editou a obra "Reprodución apícola. Tratado do criador", escrita por Marcos Varela Lorenzo, enxeñeiro técnico agrícola de formación e apicultor e criador de raíñas desde 1982
Axentes medioambientais da Xunta localizan os cadáveres de dous cans que foron arroxados ao río Tea en Covelo
O presunto autor dos feitos xa prestou declaración en calidade de investigado tras ser identificado grazas á colaboración entre os funcionarios da Xunta e do Seprona da Garda Civil, que se encargará a partir de agora de seguir coa investigación