Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/05/22 | 13:49 | A Presidencia da Xunta

O Bono Turístico “Quedamos en Galicia 2022” ten adheridos 76 establecementos na comarca da Coruña

O delegado da Xunta visitou, esta mañá, O Pazo do Río, un dos locais dispoñibles na selección deste bono

24/05/22 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor supervisa o inicio das obras da senda peonil na estrada AC-413 entre Cerceda e Tordoia cun investimento de máis de 120.000€

Construirase unha senda na marxe esquerda da estrada de algo máis de 400 metros, cunha anchura de 2 metros e separada da calzada por un bordo, para reforzar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos a pé dos veciños

24/05/22 | 13:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa o programa de axudas por 6 M€ para a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesán galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá nun webinario organizado en colaboración coa Federación Galega de Comercio para informar da convocatoria, aberta desde hoxe ata o próximo 23 de xuño

24/05/22 | 13:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta o novo campo de voluntariado que se realizará este ano en Sanxenxo

Terá lugar no mes de agosto e consistirá en actividades de coidado medioambiental, localización de residuos e a recollida dos mesmos en embarcacións tipo kaiak e SUP

24/05/22 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos impulsada pola Xunta chega a Ferrol

Unha intérprete e unha traballadora social ofrecerán información, asesoramento e axuda naqueles trámites necesarios para as persoas refuxiadas como a escolarización de menores, o acceso á sanidade ou cursos de competencias lingüísticas para a súa inserción no mundo laboral

24/05/22 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia que o Hospital Naval terá a finais do verán o dobre de prazas de estacionamento grazas a un investimento da Xunta de 662.000 €, no marco da renovación da sanidade pública de Ferrol

Habilitaranse 3 novas zonas de estacionamento: unha no norte, contigua ao actual aparcadoiro; outra no sur; e outra na marxe esquerda do viario perimetral

24/05/22 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra as primeiras olimpíadas de FP básica para impulsar o prestixio destas ensinanzas

O secretario xeral de educación e FP asiste en Ferrol á primeira das nove competicións, que contan coa participación de 111 alumnos

24/05/22 | 12:57 | C. do Medio Rural

A Xunta ensaia a coordinación práctica dos plans de loita contra incendios forestais cun simulacro en Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou nos labores, que despregaron a un centenar de efectivos polas parroquias de Bagude e Gonzar