Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/05/22 | 14:12 | A Presidencia da Xunta

A Xunta promove os recursos naturais e a lingua no II concurso de curtas senda litoral de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na entrega de premios que tivo lugar en Cans, Porriño, no marco do Festival de Cans

18/05/22 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O proxecto ‘Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega’ entra na súa segunda fase coa implementación dos primeiros prototipos

Inxéctanse 600.000 euros máis para levar a cabo seis das oito iniciativas previstas, centradas na síntese de voz, recoñecemento da fala, xeración automática de textos, sistemas de diálogo, tradución automática ou corrección e avaliación lingüística

18/05/22 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a mellora da seguridade viaria acadada grazas ao investimento de 1,8 M€ na OU-105 en Seixalbo, punto de partida da grande aposta da Xunta pola mobilidade saudable en Ourense

A conselleira destaca as obras da 2ª fase supuxeron unha actuación intensa con 975.000 € destinados a mellorar o acceso ao tanatorio de Ourense, incluíndo a construción dunha glorieta e un carril central de espera

18/05/22 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 2,2 M€ as obras para a mellora integral do sistema de abastecemento municipal do concello de Arbo

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe o anuncio desta licitación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 27 de xuño

18/05/22 | 13:39

A Xunta destinará máis de 110.000 € a recuperar a vexetación de ribeira e mellorar o remonte da fauna piscícola nos ríos Lor, Lóuzara e Maior

A intervención enmárcase no proxecto Mil Ríos, financiado con fondos europeos e que busca optimizar a resposta de 50 canles fluviais galegas ante o cambio climático

18/05/22 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o KiteFest Cesantes como un “espectáculo único” que converte a ría de Vigo en capital náutica

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este mércores na presentación do acordo de colaboración para unha nova edición da proba na enseada de San Simón

18/05/22 | 13:13 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que a implantación de tres novas vacinas sitúa a Galicia como a Comunidade co calendario de vacinación infantil máis completo de España

Precisa que a vacina fronte a meninxite B implantarase a todos os nenos e nenas aos dous meses de idade, a finais de ano; e a vacina fronte ao virus do papiloma humano estenderase no vindeiro curso escolar a todos os varóns de 12 anos

18/05/22 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o apoio da Fundación Esplai ás persoas en risco de exclusión dixital

O Goberno galego destina preto de 140.000 euros a esta entidade a través da orde de axudas de iniciativa social e con cargo á casilla social do 0,7% do IRPF

18/05/22 | 13:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta duplica as prazas para desfrutar dun verán en familia nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño ata as 2.000

O Goberno galego volveu ampliar o aforo destas instalacións logo de limitalo o ano pasado por mor da covid-19

18/05/22 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 289.000€ a contratar 86 socorristas para vixiar as piscinas e praias fluviais de 57 concellos da provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que o Goberno galego coopera coas entidades locais para cubrir estes postos no verán, durante un período de dous meses