Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/05/22 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción das obras de mellora da estrada autonómica PO-315 en Cangas

Acometeranse diversas actuacións encamiñadas á mellora de dous treitos da PO-315, entre os puntos quilométricos 10+100 e 10+380 e na entorna do quilómetro 13+500

18/05/22 | 12:00 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 11.458 casos activos por coronavirus

Un total de 591.848 pacientes xa están curados

18/05/22 | 11:20 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a recollida de mostras para a cata dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia 2022

Prevese a recollida de preto de 450 mostras procedentes de case 170 adegas e empresas comercializadoras das cinco denominacións de orixe e das catro indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas, así como das indicacións xeográficas de augardentes e licores tradicionais de Galicia

18/05/22 | 11:15

A Xunta apoia con 50.000 euros o funcionamento da casa de acollida a vítimas de violencia de xénero da Coruña que atendeu en 2021 a 31 mulleres e 21 menores

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, referendaron hoxe o convenio para garantir a operatividade deste recurso de atención directa ás vítimas

18/05/22 | 11:02 | A Presidencia da Xunta

Rueda celebra o ascenso do Pontevedra C.F. á Primeira Federación e resalta a súa contribución ao prestixio do fútbol galego

“O fútbol galego está de moda e hai que seguir soñando para encarar os retos que veñen”, afirma, convencido de que quedan aínda moitas alegrías por recibir neste deporte

18/05/22 | 10:39

A Xunta premia o labor de tres cooperativas galegas de Fene, Vigo e Narón pola súa contribución ao desenvolvemento económico e social da comunidade

Os Premios á Cooperación 2022 nas súas tres categorías de fomento dos valores cooperativos, mellor proxecto novo e mellor traxectoria recaeron, respectivamente, nas sociedades cooperativas Aventeira de Fene, 13 Grados de Vigo e Agroflor de Narón

18/05/22 | 10:32 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza a dinamización no agro que está a supor a Lei de recuperación da terra agraria no seu ano de vixencia

José González destacou a importancia das ferramentas da lei, como o polígonos agroforestais, as aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta, para avanzar na recuperación da actividade económica e social dos terreos en situación de abandono e infrautilización, así como dos núcleos incluídos nestes

18/05/22 | 10:12

A Xunta convoca hoxe as unidades formativas en empresas coas que prevé 560 accións para a inserción laboral de máis de 2.100 persoas desempregadas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria de axudas cun importe de 14 millóns de euros

17/05/22 | 14:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de dous ríos no concello de Bueu

Os traballos realizáronse na parroquia de San Martiño de Bueu, nun treito de 1,3 quilómetros do rego do Frade, e noutro treito de máis de 1,5 quilómetros nun río innominado do lugar da Portela