Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/05/22 | 15:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a renovación da encomenda á empresa pública Seaga do control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, cun investimento de máis de 2,2 M€

O novo contrato terá unha vixencia de 12 meses e impulsa a roza de vexetación no dominio público das vías da Xunta para a prevención de lumes, a mellora da visibilidade e o reforzo da seguridade viaria

16/05/22 | 14:53

A Xunta instala un punto informativo de Sogama no Campus de Santiago para concienciar aos universitarios sobre a importancia da reciclaxe

Durante toda a mañá e ata as 18,30 horas, dous monitores resolverán as dúbidas dos participantes e aproveitarán as consultas que lles trasladen para recompilar datos sobre o comportamento deste colectivo ante a xestión dos residuos

16/05/22 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Avanza a rodaxe en Ourense da película ’13 exorcismos’ co apoio da Xunta a través do seu hub audiovisual

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou hoxe o set de filmación instalado no colexio CEIP de Prácticas da cidade das Burgas

16/05/22 | 13:52 | A Presidencia da Xunta
16/05/22 | 13:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O colexio Virxe do Camiño de Rubiá álzase co premio do concurso-exposición das Letras Galegas 2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fai entrega do galardón na modalidade de Infantil e Primaria

16/05/22 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá preto de 1 M€ nas obras da 1ª fase de acondicionamento da estrada autonómica PO-546 en Estribela, no concello de Pontevedra

A actuación, que ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade peonil e o acceso ao transporte público, permitirá a ampliación das beirarrúas a un mínimo de 2 metros e anchear puntualmente a vía

16/05/22 | 12:28

Xunta e Colexio de Psicoloxía seguirán a colaborar para prestar atención especializada e gratuíta a vítimas de violencia de xénero

O acordo permitirá un ano máis prestar apoio a mulleres, menores e os seus familiares para axudarlles no proceso de recuperación

16/05/22 | 12:03 | C. de Economía e Industria

O programa ReAcciona apoia máis de 330 proxectos que melloran a competitividade das pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución da segunda convocatoria das tres lanzadas este ano, cuxas iniciativas sumarán, de modo conxunto, preto de 3M€ para facilitar o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización ou a innovación

16/05/22 | 11:48 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 12.974 casos activos por coronavirus

Un total de 588.803 pacientes xa están curados

16/05/22 | 11:43 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que Galicia contará co equipo "máis experimentado" para afrontar, nesta nova etapa, os retos presentes e futuros da Comunidade

Destaca a traxectoria contrastada de servizo público dos conselleiros e agradece a disposición de todos eles a seguir traballando con fluidez, “intentando entender como é Galicia para facer as cousas ben, co mesmo impulso e ilusión”