Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Sanidade habilita a declaración de autotest positivo a través da aplicación 'SergasMóbil' e do número de teléfono 881 540 045
Desde a xornada de hoxe, as persoas que obteñan un resultado positivo poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde dun xeito áxil e cómodo
O presidente da Xunta nomea ao seu novo Goberno
Manterá dúas vicepresidencias: a Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación; e a Vicepresidencia segunda e consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A Xunta organiza en Vigo unha xornada técnica de divulgación sobre o novo decreto de artesanía alimentaria
Esta formación, que terá lugar o vindeiro xoves 19 de maio en horario de mañá no edificio administrativo da Xunta, vai dirixida a operadores no ámbito da artesanía alimentaria
‘Continente María’, coprodución do Centro Dramático Galego con Ainé e o Concello da Coruña sobre María Casares, estréase mañá no Teatro Rosalía Castro
No marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o escenario coruñés acolle a función inaugural da obra que sobe ás táboas con A Quinta do Cuadrante e dentro da programación impulsada pola Xunta co gallo do centenario da actriz
As Illas Atlánticas será un dos tres parques nacionais que acollerá a iniciativa económica de integración social 'Empleaverde'
Este proxecto, no que tamén participan Doñana e Monfragüe, consiste na formación, apoio e inserción laboral de persoas desempregadas co fin de ofrecerlles unha saída laboral relacionada coa conservación da natureza
A Xunta recibe as ofertas de 9 empresas para executar a rehabilitación do firme de tres estradas da zona sur de Lugo, cun investimento de 1,5 M€
Melloraranse as estradas autonómicas LU-617, LU-611 e LU-603 ao seu paso por Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Bóveda
A porcentaxe de participación nas probas da OPE do Sergas que se celebran hoxe supera o 78%
Coa realización destes exercicios conclúen as probas selectivas para cubrir un total de 680 prazas de 24 categorías/especialidades, que se iniciaron a fin de semana do 23 e 24 de abril e que se desenvolveron ao longo de seis xornadas de exame